viernes, 23 de diciembre de 2011

PARA NON ESQUECER ONDE VIVIMOS

POSTAL DE NADAL
Aquí podedes ver a postal de Nadal realizada polo alumnado do colexio para felicitar a toda a comunidade educativa.
É unha postal moi mariñeira!. 


Open publication - Free publishing - More libro
A montaxe da postal estivo a cargo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
BOLETÍN Nº 1 DA BIBLIOTECA
CURSO 2011-2012

domingo, 11 de diciembre de 2011

Agustín Fernández Paz, discurso de recepción do Premio Iberoamericano SM en Guadalajara

Escoitade este documetnto extraordinario




Podedes ler o discurso completo aquí:



SOBRE A EXCLUSIÓN E A INVISIBILIDADE
 Edicións Xerais publica "Fantasmas de Luz", novela de Agustín Fernández Paz sobre o drama da exclusión e a invisiblilidade á que está sometida unha boa parte da sociedade. Ademais de ser "unha homenaxe ao cine, tanto ás vellas salas que foron esmorecendo como ás grandes películas que, sen ser a vida mesma, «axudan a entendela e enchen de esperanza o corazón»".
Open publication - Free publishing - More libro

viernes, 9 de diciembre de 2011

















 10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"


* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

lunes, 5 de diciembre de 2011


TRABALLO DOCUMENTAL SOBRE O MAR E A PESCA
Como xa sabedes durante este curso embarcámonos nun proxecto documental que leva por título:
Ao Laxeiro chegou un barco cargado de...Quen me quere axudar?”. Proxecto cooperativo sobre o mar e a pesca.
Entre todos estamos a  investigar e participar de forma cooperativa para saber un pouco máis e para ir máis aló do que nos din os libros de texto.
Buscamos en distintas fontes de información e en diferentes soportes, traballamos  en equipo e ao final reflectiremos o que conseguimos.
Contaremos con persoas que nos falarán do seu oficio. Empezamos xa a traballar e entre todos estamos a confeccionar os murais das entradas do colexio.
Debuxos, historias, libros, exposicións...conformarán todo o traballo que publicaremos nos blogues.
Pouco a pouco estamos a construír o noso barco e despois navegaremos segundo vaian soprando os ventos.
Para ler con máis detemento aquí tedes o documento explicativo.

viernes, 2 de diciembre de 2011

CULTURGAL 2011
Hoxe venres, 2 de decembro, e ata o domingo 4 comeza en Pontevedra Culturgal 2011, a Feira dos distintos gremios da cultura galega: libro, audiovisual, teatro música, deseño, internet e novas tecnoloxías...Esta é a súa cuarta edición e unha extraordinaria oportunidade para levar aos vosos fillos a gozar de conta - contos, teatro e varias actividades. Todo no "cuarto dos nenos".
Podedes ver a programacón neste blog ou na páxina web: