martes, 17 de diciembre de 2019

Guía de lecturas para O Nadal

Bo día, para este Nadal querémosvos recomendar uns libros para ser nestes días de vacacións. Para ver a guía completa clica na imaxe.




domingo, 15 de diciembre de 2019

CAIXA DE SUXESTIÓNS

Este curso, unha das novidades que temos é a  CAIXA DE SUXESTIÓNS, na que todas aquelas persoas da nosa comunidade educativa deixan propostas de mellora ou suxestións que logo revisaremos e se podemos, levaremos a cabo.


lunes, 18 de noviembre de 2019

Novembro mes da Ciencia en Galego

Para conmemorar este mes na biblioteca preside un gran mural sobre varias científicas galegas. Como sabedes é un traballo que abordamos dende diferentes equipos: EDLG e tamén TICS. Seguro que disfrutáchedes moito realizando a actividade, deixamos aquí o resultado.


CONVIVENCIA EEI LOS ROBLES E O LAXEIRO

Unha das actividades que comezamos a facer o curso pasado e que desexamos que se repita por moitos anos é a que ten que ver coa EEI Los Robles
O curso pasado fixemos unha a mediados de febreiro para que o alumnado de 2-3 anos da súa escola puidera coñecer o seu futuro colexio, profes e compañeiros, xa que, é unha escola que está xusto na beirarrúa que temos diante do noso colexio.
Neste curso comezamos facendo unha no primerio trimestre. Consistiu na visita dos pequenos e pequenas de 2-3 aniños. Ese día representamos a obra de coelliño branco (interpretada polo alumando de 6ºB) e dous bailes.
Quedamos todos encantados de que estes pequerrechos viñeran ao colexio e atoparan nalgúns casos aos seus irmáns.








domingo, 3 de noviembre de 2019

SAMAÍN

Tal e como vos comentamos  o traballo realizado en cooperación polos equipos deu os seus frutos.
A continuación amosámosvos un pequeno vídeo da representación dos rapaces e rapazas de sexto:

SAMAÍN


miércoles, 30 de octubre de 2019

Preparando o Samaín


Estes días estivemos un pouco apurados, xa que dende os equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega e Actividades Complementarias e Extraescolares, pedíronnos a nosa colaboración para preparar unha actividade e conmemorar unha data moi terrorífica.


lunes, 28 de octubre de 2019

Día bibliotecas Escolares


Este ano escollemos o día das bibliotecas escolares para abrir de novo  a biblioteca o público.

O alumnado dos cursos inferiores tivo unha sesión de contacontos por parte dos seus compañeiros/as de 6º .
Para os maiores creamos un Kahoot  “Coñece a túa biblioteca”
Tamén repartimos os novos carnés, mochilas viaxeiras e un tríptico explicando o porque deste día.


Próxima apertura

Comezou un novo curso escolar, e con el os preparativos para abrir de novo as portas da nosa biblioteca.



miércoles, 5 de junio de 2019

Historia dunha Laranxa

O alumnado de 1ºB, agasallounos cunha das súas últimas creacións…"Historia dunha Laranxa", un conto inventado e debuxado por eles. 
Encantounos!! 


https://issuu.com/publi_/docs/historia_dunha_laranxa

miércoles, 15 de mayo de 2019

Recomendacións Lectoras

O alumando de 5ºA quixo converterse en “booktubers
No vídeo poderedes atopar unha boa selección de títulos que vos recomendan ler.
Para eles son uns dos seus favoritos, votádelles unha ollada e animádevos a ler algún... Igual vos gustan tanto coma a eles...


jueves, 9 de mayo de 2019

Alicia Borras, visitas de autores.

O alumando de 6º, estivo o día 8 de maio con Alicia Borras. Eles/as estiveron lendo: “Nata y chocolate” e “Nata y chocolate invencibles!”. Faloulles sobre os motivos que a levaron a escribir estes libros, como ían xurdindo o personaxes na súa cabeza, e outras curiosidades, creando un ambiente moi agradable, na que o alumando tamén tivo o seu tempo para facer preguntas.


Zulema 6º B: " O libro "Nata e chocolate" pareceume un libro que te fai pensar e moi interesante e entretente moito. O outro día tivemos a visita de Alicia Borrás, a autora, explicounos moitas cousas del. Pareceume unha muller moi divertida e encantadora. Gustoume moito e foi moi entretido!!