miércoles, 17 de junio de 2020

ESTE VERÁN ESCOLLE LER

Aínda que no verán é importante descansar, non podemos esquecer que non hai mellor xeito de facelo que embarcarnos nunha gran aventura. Por iso dende o equipo de biblioteca queremos ofrecervos una selección de libros que nos pareceron interesantes.
Felices vacacións e lémonos ;)




viernes, 12 de junio de 2020

APAMP

No segundo trimestre fixemos varias visitas quincenais a APAMP onde participamos en obradoiros relacionados coa reciclaxe e a reutiliación de obxectos de refugallo. Estas visitas e outras actividades que tiñamos programadas facer con eles, víronse truncadas por mor do COVID-19.


Aínda así, tivemos os seguintes obradoiros:
1. Obradoiro de papel reciclado.Onde puidemos aprender a elaborar papel con trozos doutros papeis.



2. Obradoiro de creación artística titulado "Fóra do encadre" co que APAMP participa en concursos a nivel autonómico e nacional. Consiste en pintar marcos ou determinados obxectos que inicialmente irían ao lixo con soportes e accesorios que utilizan os discapacitados deste centro para sentir así as limitacións e dificultades que teñen. Ao remate da obra artística, esta será exposta no Paseo de Alfonso XII de Vigo dous días para que o visite todo aquel que queira.


3. Obradorio de "Zapatillas caseiras", con trozos de teas usadas ou camisetas vellas e con goma de refugallo cedida por CITROEN para a sola, creamos unhas zapatillas para andar por casa.


4. Obradoiro de encadernación, onde o nos alumnado creou  adernos con libretas vellas e cartóns, decorándoos libremente.


5. Obradoiro de maracpáxinas, onde os rapaces e rapazas elaboraron marcapáxinas con cartón e papel reciclado.




6. Obradoiro do Meco, elaboración con papel reciclado dun Meco para a súa posterior queima no centro de APAMP.





martes, 9 de junio de 2020

RECICLAXE

Xa que este curso o noso PDI foi ECOLAXEIROS: MISIÓN SALVAR A TERRA,  dende a biblioteca levamos a cabo varios carteis nos que ofrecíamos CONSELLOS DE RECICLAXE E COIDADO DO MEDIO AMBIENTE:

fixemos


Tamén fixemos o logo do proxecto na entrada da biblioteca reutilizando materiais doutros murais, seguindo o lema das tres RRR: reducir, reciclar e reutilizar.

E o cartel no corredor da biblioteca que serviría como lema para tido o colexio:




EXPOSICIÓNS TEMÁTICAS

Ao longo deste curso fixemos diversas exposicións temáticas na entrada da nosa biblioteca coincidindo con momentos  destacados deste curso escolar.

Tiveron moita aceptación por parte de toda a comunidade eduactiva.

 Aquí as amosamos:

En novembro, fixemos unha exposición da ciencia coincidindo do Mes da Ciencia en Galego:


Coa chegada do Nadal mercamos libros para expoñer na entrada da biblioteca:



Tamén fixemos unha exposición cos libros relacinados co noso pdi: ECOLAXEIROS : MISIÓN SALVAR A TERRA




Ao longo do curso fixemos unha exposición permenente coas novidades que iamos mercando para a biblioteca: 


No mes de marzo coincidindo co mes da muller traballadora e para conmemorar o 8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA, levamos a cabo a seguinte exposición:

 

lunes, 1 de junio de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES ABANCA

Bo día! unha semana máis, ABANCA, ofrécenos unha serie de actividades para toda a comunidade educativa. Agardamos sexan do voso agrado:

Exposición "Nuestro Planeta".



Videoconto en familia.


Cómics perfil cultural.


Experimento naturnova.