martes, 24 de noviembre de 2020

25 N: Día contra a violencia de xénero

Para conmemorar o Día contra a violencia de xénero que celebramos hoxe, 25 de novembro, no cole preparamos varias actividades.

Un precioso audiolibro que prepararon os alumnos de 3º A sobre o conto Cuando las niñas vuelan alto. Deixámosvos aquí o enlace para que o poidades disfrutar.



Un acompañamiento de percusión sobre a canción de Alicia Keys Girl on fire.


Disfrutade do día e das actividades propostas.

lunes, 9 de noviembre de 2020

CÓNTOCHE UN CONTO?

 QUE PODEMOS FACER!

Nesta ocasión o equipo de biblioteca pensou que a través dun conto e unha canción poderiamos concienciar aos máis pequenos e aos que xa non son tan pequenos do uso da mñascar e o lavado axeitado das mans.

Agardamos que vos guste:

Preme no enlace:Que podemos facer

 


viernes, 6 de noviembre de 2020

LIBROS DIXITAIS

 Neste tempo de pandemia  a posibilidade de levar os libros que dispoñemos na nosa biblioteca para casa veuse truncada. 

 Resultado de imagen de libros

 

  Así que, dende o equipo de bilioteca do Laxeiro pensamos que todo aquel que queira ler, debe poder facelo dun xeito ou outro.

Por este motivo, gustaríanos ofrecervos a posibilidade de acceder a Plataforma da Xunta "Galicia Le", simplemente facéndovos socios dunha biblioteca pública que pertenza a esta plataforma. 

Deixamos a continuación un titorial moi doado de seguir de como facervos socios da bibblioteca Juan Compañel. 

 TITORIAL