jueves, 21 de marzo de 2019

Visita de Ana Alonso


               
Ana Alonso estivo na biblioteca o 20 de marzo para facer dúas animacións lectoras, xa que, dous dos seus títulos foron elixidos como recomendacións lectoras en lingua castelá. Un en 2º de Ed. Primaria, “La momia despistada” e o outro en 3º “El gran concurso”.  Non só falou dos libros e os personaxes destes, senón de unha chea de curiosidades. Foi unha experiencia moi enriquecedora para o alumnado


lunes, 11 de marzo de 2019

Mes da poesía

No mes de Marzo as diferentes aulas estiveron a traballar poesía.
Podedes ver os seus traballos na exposición a modo de mural xigante a entrada da biblioteca. Fixeron un pouco de todo, pareados de froitas, acrósticos relacionados coa alimentación sa, un libro de realidade aumentada de poemas sobre comida, menús preferidos e dieta sa, adiviñas de alimentos...

Por outra banda deixamos unha escolla de libros de poesía que iremos cambiando periodicamente.
 Animádevos