miércoles, 30 de octubre de 2019

Preparando o Samaín


Estes días estivemos un pouco apurados, xa que dende os equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega e Actividades Complementarias e Extraescolares, pedíronnos a nosa colaboración para preparar unha actividade e conmemorar unha data moi terrorífica.


lunes, 28 de octubre de 2019

Día bibliotecas Escolares


Este ano escollemos o día das bibliotecas escolares para abrir de novo  a biblioteca o público.

O alumnado dos cursos inferiores tivo unha sesión de contacontos por parte dos seus compañeiros/as de 6º .
Para os maiores creamos un Kahoot  “Coñece a túa biblioteca”
Tamén repartimos os novos carnés, mochilas viaxeiras e un tríptico explicando o porque deste día.


Próxima apertura

Comezou un novo curso escolar, e con el os preparativos para abrir de novo as portas da nosa biblioteca.