O 26 de abril,
visitounos, Xelís de Toro, foi recibido polo alumando de 4º de Ed. Primaria,
posto que eles/as estiveron lendo “O trompetista e a Lúa”, para esta
visita veu acompañado da súa trompeta ofrecendo unha sesión que combinou a
música e as anécdotas sobre o libro e outras moitas vivencias do autor.
lunes, 29 de abril de 2019
jueves, 25 de abril de 2019
Adrían Morgade
O 23
de abril, os nenos/as de 2º de Ed. Primaria encontráronse na bibloteca co
escritor do libro: “Xinfu
na maldición de Guauchuky”. Mantiveron unha charla
onde o escritor lles aclarou todas as
súas dúbidas sobre o cómic, pasárono moi
ben. E como agasallo fíxolles un gran debuxo e firmou os seus libros.
domingo, 14 de abril de 2019
Ledicia Costas visita a biblioteca
Ledicia
Costas
visitou a nosa biblioteca o 11 de abril, estivo acompañada polo alumando de 5º
e 6º de Ed. Primaria, despois que estes leran “A señorita Bubble”
en 5º e “As peripecias de
Extravaganzza Pérez” en 6º. O alumando puido facerlle preguntas a
escritora sobre os títulos, e tamén lles falou sobre como se inspirou para
crear algún dos personaxes, o moito que lle gustaba ler de pequena e algunha
que outra anécdota que viviu durante a súa época como estudante
Daniela 5ºB: "Ledicia Costas a autora de “A
señorita Bubble” púxonos un anaco da película “Matilda” no que aparecía a “señorita
Transbull”, e contounos que foi nela que se inspirou para crear o personaxe da
señorita “Bulldog”, a bibliotecaria do libro. Pareceume moi divertida".
Ainara 5ºA: "O libro ten detalles simpáticos como o personaxe de Paola que se parece a un caniche.
A visita coa escritora fixome un pouco curta, anque puidemos facer preguntas sobre o libro"
Carlos 5ºB: " A escritora explicounos en que se inspirou para crear os
personaxes, para a directora, “A Bulldog” fixouse na película de “Matilda” xa
que tiña mal xenio e era tan mala como “A señorita Transbull”. Para a
bibliotecaria “A caniche” acordouse dunha bibliotecaria que había no seu
colexio cando era ela pequena, xa que non lle gustaban os nenos/as, nin o seu
traballo. O final púxonos uns vídeos da película de Matilda. Anque se me fixo
curta, a visita gustoume bastante".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)