lunes, 20 de diciembre de 2021

CONTOS DE NADAL

 Nesta semana o alumnado de sexto de Educación Primaria foi ler ao resto de nenos e nenas do noso colexio uns contos creados por eles mesmos coa temática do Nadal.

Aquí vos deixamos unhas imaxes:






domingo, 19 de diciembre de 2021

ITINERARIO LECTOR RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Como todos os anos por estas datas, dende o colexio facemos unhas recomendacións lectoras cos libros que baixo o noso criterio consideramos que poden ser de interese para a lectura do noso alumnado.

Tamén elaboramos o itinerario lector co que continuamos o traballo de darlle o lugar que merece a lectura no noso centro escolar, e para iso, como ven sendo habitual, solicitamos ás familias que merquen dous libros, un en galego e outro en castelán para ler no colexio.


PREME NO ENLACE:

ITINERARIO LECTOR E LECTURAS RECOMENDADS DE NADAL








miércoles, 15 de diciembre de 2021

EXPOSICIÓN NADAL

 Nestas datas queremos compartir co profesorado e alumnado os títulos que adquirimos e os que xa tiñamos no colexio para gozar da lectura.







domingo, 5 de diciembre de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE I

 Continuando co post anterior, este ano tivemos a sorte de poder contactar con Martín de la Puente (atleta paraolímpico vigués) que nos mandou un vídeo explicándonos o que sentiu cando perdeu a movilidade das pernas debido a súa enfermidade e o afortunado que sentía na actualidade, porque o deporte lle salvara a vida e lle dera a oportunidade de representar a España en competicións internacionais, optendo varios títulos de campión do mundo en categorías inferiores.

 


 

 

E relacionado co deporte, esta semana foi a Semana da Discapacidade na área de EF e tivemos unha gran variedade de xogos que os nosos rapaces e rapazas puideron desfrutar e deste xeito vivenciar a situación de ter unha discapacidade. 




 


DÍA INTERNACINAL DA DISCAPACIDADE

O pasado venres, 3 de decembro conmemoruose o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No noso colexio intentamos transmitir a sensibilidade cara este tema ao longo de todo o curso, e de xeito máis específico nestes días. Dende o equipo de Convivencia tivemos a oportunidade de visionar curtas e vídeos que deron pé a debates nas nosas aulas.

Cooperamos como ven sendo habitual nestes últimos anos con APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral) en composicións artísticas e decorando nesta ocasión, paraugas coas cores do artista Laxeiro (xa que este curso o noso PDI trata sobre a arte e centrándonos no artista que da nome ao centro escolar). Estes paraugas foron pintados pola man non dominante para poñerse no lugar dunha persoa con discapacidade. Estes traballos foron expostos no colexio.






 

 

 

 

 

 

 

 

 

martes, 30 de noviembre de 2021

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 A proposta do equipo de DInamización da Lingua Galega levamos a cabo varias actividades que fomentaron a integración da ciencia en galego cono foron: experimentos para os máis pequenos do cole, utilizando para moitos deles libros que consultaron na biblioteca e unhas charlas por videoconferencia para o alumnado de EP ofrecidas polo Centro Tecnolóxico de Eficiencia Enerxética.



domingo, 28 de noviembre de 2021

DÍA CONTRA A VIOLECIA DE XÉNERO

 O 25 de novembro conmemorouse o Día contra aviolencia de xénero. No Laxeiro, visuliazamos curtas e vídeos oferecidos pool equipod e conviviencia do noso colexio e interpretamos en galego e con libgua de signos a cantiga "La puerta violeta" de Rozalén.

 

 CANTIGA E INTERPRETACIÓN ROZALÉN

 




sábado, 20 de noviembre de 2021

MAGOSTO

 

Este ano o Magosto celebrámolo no colexio pero no por iso perdemos a ilusión e as gañas de pasar un xornada festiva. Fixemos asado de castañas no patio do colexio, xogos populares, e traballiños relacionados coas castañas.




domingo, 7 de noviembre de 2021

LIBROS DIXITAIS

 

Igual que no curso pasado, ofrecemos a posibilidade de, a través dun titorial asociarse a unha biblioteca pública municipal como pode ser a Juan Compañel. Deste xeito poderán accedr a un fondo de libros xigantesco que lles permitira pode descubrir miles de aventuras dun xeito gratuíto.



 TITORIAL LIBROS DIXITAIS


viernes, 5 de noviembre de 2021

SAMAÍN PARTE III

Amosamos a continuación unha mostra da representación dos contos que fixeron ao longo de toda a semana:

CONTO: "O NOSO SAMAÍN"




SAMAÍN PARTE II

Na última semana de outubro os rapaces de 5º e 6º de Educación Primaria  representaron contos ao resto do colexio coa temática co Samaín...Pasáronno xenial!

Moitas grazas chicos! Fixéstelo XENIAL!!!!   



lunes, 1 de noviembre de 2021

SAMAÍN

Ao longo destas semanas de outubro e novembro, levamos a cabo diferentes actividades que axudaron a dinamizar o SAMAÍN no noso colexio:

O lema deste ano foi: ESTASE DE MEDO NO LAXEIRO

Exposición e préstamo na entrada da biblioteca de libros coa temática de Samaín e cunha decoración moi terrorífica!!!!

 


viernes, 22 de octubre de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES I

 Ademais no día de hoxe o noso alumnado de E. Infantil puido gozar da lectura do conto da nosa mascota Gromiño e doutros contos que trouxeron dnde a casa para compartir cos compañeiros.


 Alumnado DE 6ºB de E: Infantil amosando os marcapáxinas que fixeron:


 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

PARA ACCEDER A AULA INTERACTIVA PREME AQUÍ

 

Amosamos algúns dos traballos cos marcapáxinas que fixeron ao longo desta semana o noso alumnado:


 

 


jueves, 7 de octubre de 2021

DÍA DA HISPANIDADE OU DIVERSISDADE CULTURAL

 

O vindeiro martes celébrase o Día da Hispanidade ou da Diversidade Cultural, que conmemora, a chegada de Cristobal Colón a América. 







Preme no enlace que abrirá un aula interactiva. Posteriormente, para visualizar  a información relacionada con esta data fai clic nos post-it.


DÍA DA HISPANIDADE  (preme no enlace)






OPINIÓN DE NENOS E NENAS NA RADIO SOBRE CRISTOVO COLÓN (PREME NO ENLACE PARA ESCOITAR O PODCAST DE "LOS NIÑOS Y JIMENO")




miércoles, 22 de septiembre de 2021

INAUGURACIÓN DO CURSO

 Comezamos o curso, con moitas gañas de levar a IMAXIANCIÓN a todo o noso alumnado a través da lectura e de todas as actividades que poidamos facer para dinamizar a mesma. Coma sempre, elaboramos o noso mural da entrada da bibliteca e as propostas de animación lectora para os rapaces e rapazas do colexio

 


 

jueves, 27 de mayo de 2021

VISITAS DE AUTORES

Ao longo do segundo e terceiro trimestre recibimos as vistas dos autores dos libros que escollemos este curos para o nos itinerario lector. A continuación deixamos una pequena pincelada de cada un:

Ledicia Costas: visitou virtualmente a noso colexio o 12 de abril xa que o seu libro “Conexión macarrón” foi un dos libros de lectura dos cativos de 3º de Primaria.   

Ana Alonso: recibimos a súa visita virtual o 30 de abril. O alumnado de 2º e 5º de Primaria desfrutaron dunhas divertidas charlas sobre a súa vocación como escritora, e da motivación de escribir sobre o Camiño de Santiago “Dinosaurios al ataque” e “Los tres peregrinos”.

Anémona de Río: Novamente o alumnado de 5º de Primaria desfrutou a visita da autora o 21 de marzo por mor da lectura da súa obra “A proba de auga”.

Érika Esmorís: visitounos presencialmente o 20 de abril para o alumnado de 3º para falar do seu libro “Patio de Luces”.

Fran Alonso: o alumnado e 3º recibiu a vista virtual deste autor para presentar e falar do seu libro “ O meu gato é un poeta”.

Antía Yañez: esta autora charlou virtualmente co alumnado de 6º de primaria da historia do seu libro “ Plan de rescate”.







jueves, 20 de mayo de 2021

FARO DA ESCOLA

 Como ven sendo habitual no noso colexio, participamos no concurso do Faro da escola. 

A aportación do equipo da biblioteca amosámola a continuación. Agardamos que vos guste:





jueves, 22 de abril de 2021

GIANNI RODARI

 Para rematar coas actividades levadas a cabo, amosamos a continuación os cambios realizados nos finais dalgúns contos de Gianni Rodari e do conto de Carapuchiña vermella.

Preme no enlace para ver os traballos dos nosos alumnos e alumnas:

NOVOS FINAIS(ENLACE)




POESÍA VISUAL

 Partindo de obras pictóricas traballadas nas aulas, o noso alumnado elaborou poemas inspirados nas mesmas, dando lugar a traballos realmente maravillosos. 

Agardamos poidades gozar deles tanto coma nós.

 

Preme no enlace para accedaer a aula interactiva con todos os traballos dos rapaces. 

 ENLACE POESÍA VISUAL

 



BOOKTUBER POR UN DÍA

 Co gallo do Día do Libro o noso alumnado levou a cabo unha serie de actividades entre as que podemos destacar a de ser BOOKTUBER, é dicir recomendarnos un conto que a eles lles gustara moito. 

 

A continuación deixámosvos o enlace:

BOOKTUBER POR UN DÍA 

 


 

 

 

viernes, 12 de marzo de 2021

GIANNI RODARI

 Este mes imos dedicar o noso traballo ao maestro, escritor e pedagogo Gianni Rodari.




A continuación amosamos un listado de contos e diferentes propostas de finais para os  mesmos que agardamos vos gusten.

viernes, 26 de febrero de 2021

ENTROIDO

Neste ano tan peculiar e atípico non quixemos perder a ledicia e sorriso que teñen os nosos rapaces e rapazas no Entroido.




Fixemos un fotomontaxe para que os nenos e nenas poideran sacarse unha foto nel.
O noso Meco foi o coronavirus que decidimos perdoar e non queimar.


A semana do Entroido pedimos a colaboración das familias para que o luns, martes e mércores viñeran vestidos con roupa dunha cor determinada, vermello, azul e verde.




viernes, 5 de febrero de 2021

ITINERARIO LECTOR

 Igual que en anos anteriores propuxemos un itinerario lector que consiste en que os rapaces e rapazas de cada curso lean nas ualas un libro en galego e outro en castelán.

Neste curso foron os seguintes:



viernes, 29 de enero de 2021

PAZ

 O venres 29 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz no colexio.  

Coma nestes últimos anos, cantamos e bailamos unha canción que reflectía os valores que traballamos todo o equipo docente co noso alumnado. Nesta ocasión escollimos a canción de Chayanne "Madre Tierra".


 Tamén, en colaboración co profe Pablo de arts e coa nosa auxiliar de conversa Michelle, os rapaces e rapazas fixeron unhas pombas da Paz coas que decoramos as paredes e fiestras do edificio.

 E por último dende a proposta do equipo de dinamización lingüística do galego, todo o alumnado colaborou no traballo e profundización de plabras que fomentaban os valores da Paz, nas que atopamos, tolerancia respecto, igualdade...