lunes, 20 de diciembre de 2021

CONTOS DE NADAL

 Nesta semana o alumnado de sexto de Educación Primaria foi ler ao resto de nenos e nenas do noso colexio uns contos creados por eles mesmos coa temática do Nadal.

Aquí vos deixamos unhas imaxes:






domingo, 19 de diciembre de 2021

ITINERARIO LECTOR RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Como todos os anos por estas datas, dende o colexio facemos unhas recomendacións lectoras cos libros que baixo o noso criterio consideramos que poden ser de interese para a lectura do noso alumnado.

Tamén elaboramos o itinerario lector co que continuamos o traballo de darlle o lugar que merece a lectura no noso centro escolar, e para iso, como ven sendo habitual, solicitamos ás familias que merquen dous libros, un en galego e outro en castelán para ler no colexio.


PREME NO ENLACE:

ITINERARIO LECTOR E LECTURAS RECOMENDADS DE NADAL








miércoles, 15 de diciembre de 2021

EXPOSICIÓN NADAL

 Nestas datas queremos compartir co profesorado e alumnado os títulos que adquirimos e os que xa tiñamos no colexio para gozar da lectura.







domingo, 5 de diciembre de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE I

 Continuando co post anterior, este ano tivemos a sorte de poder contactar con Martín de la Puente (atleta paraolímpico vigués) que nos mandou un vídeo explicándonos o que sentiu cando perdeu a movilidade das pernas debido a súa enfermidade e o afortunado que sentía na actualidade, porque o deporte lle salvara a vida e lle dera a oportunidade de representar a España en competicións internacionais, optendo varios títulos de campión do mundo en categorías inferiores.

 


 

 

E relacionado co deporte, esta semana foi a Semana da Discapacidade na área de EF e tivemos unha gran variedade de xogos que os nosos rapaces e rapazas puideron desfrutar e deste xeito vivenciar a situación de ter unha discapacidade. 




 


DÍA INTERNACINAL DA DISCAPACIDADE

O pasado venres, 3 de decembro conmemoruose o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No noso colexio intentamos transmitir a sensibilidade cara este tema ao longo de todo o curso, e de xeito máis específico nestes días. Dende o equipo de Convivencia tivemos a oportunidade de visionar curtas e vídeos que deron pé a debates nas nosas aulas.

Cooperamos como ven sendo habitual nestes últimos anos con APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral) en composicións artísticas e decorando nesta ocasión, paraugas coas cores do artista Laxeiro (xa que este curso o noso PDI trata sobre a arte e centrándonos no artista que da nome ao centro escolar). Estes paraugas foron pintados pola man non dominante para poñerse no lugar dunha persoa con discapacidade. Estes traballos foron expostos no colexio.