jueves, 24 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

CO LEMA: CON LAXEIRO E ROSALÍA UN XARDÍN DE POESÍA, pretendimos traballar a figura de Rosalía de Castro xunto co artista Laxeiro, xa que os dous faleceron a mesma data, o 23 de febreiro.

No tempo de lectura desa semana leron poemas da autora dos libros que os mestres puideron coller da exposición que fixemos na entrada da biblioteca.

Ademais elaboramos un mural para recoñecer o seu traballo no que os rapaces pintaron pensamentos arredor da súa cara. O pensamento era unha flor que lle gustaba moito a Rosalía de Castro.

Por último, por niveis plantáronse pensamentos no xardín do colexio, como un recoñecemento máis a esta gran autora. 






 

martes, 8 de febrero de 2022

NOVIDADES




 Como cada curso temos novidades lectoras que ofrecer a toda a comunidade educativa para o goce da lectura.

A continuación amosamos a exposición das novidades:








jueves, 3 de febrero de 2022

PAZ

Co gallo do Día da Paz levamos tamén fixemos:

Elaboramos un mural conmemorativo titulado: "Choiva de cores pola Paz". Cada clase decorou unha pinga de auga cunha palabra que fomentara os valores da Paz. Con estas palabras o equipo de actividades complementarias decorou a entrada do colexio e da biblioteca.

 

 

 

E no tempo de recreo o noso alumnado particIpou en xogos preparados polo equipo de convivencia  para fomentar a cooperación entre os compañeiros: