domingo, 22 de abril de 2018

23 DE ABRIL- ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA O DÍA DO LIBRO



O Equipo de biblioteca ten programadas as seguintes actividades para conmemorar o Día do Libro, o vindeiro luns 23 de abril:
·         A TODOS OS CURSOS: Confección dun marcapáxinas según plantilla. Cada alumno/a pode escribir una frase de produción propia sobre o feito de ler e  intercambialo cun compañeiro/a.
O día 23,  con cada libro prestado levarán un doce de caramelo.
·         EDUCACIÓN INFANTIL:
Un grupo de alumnos e alumnas de sexto elaboraron un conto interactivo protagonizado por Gromiño e a Fada do paseo de Alfonso XII.  Os autores e autoras serán os encargados de contalo na biblioteca en Hora de ler ao alumnado de Infantil. As quendas son:
      -Luns, 23: 5 anos A e B
      -Martes, 24: 3 anos B
      -Mércores, 25: 3 anos A
      -Xoves, 26: 4 anos A e B
·         EDUCACIÓN PRIMARIA:
- A mestra Isabel pasará polas clases a ler contos elaborados por alumnado do centro e coordinados pola biblioteca,  segundo a súa disponibilidade horaria e previo aviso ás titoras e titores.
-Alumnos de sexto farán apadriñamento lector o luns, día 23, no patio e na hora de ler. Se outros cursos están interesados nesta actividade, contactar con calquera membro do Equipo de biblioteca.
-Os cursos que recibiron os debuxos das recomendacións lectoras (4º, 5º e  6º) poden pegalas nunha libreta, cartulina,ou folio  e facer alguna referencia a esta data:                         
“El día 23 de abril fue elegido como «Día Internacional del Libro», pues supuestamente coincide con el fallecimiento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega en la misma fecha en el año 1616. Realmente Cervantes falleció el 22 y fue enterrado el 23 cuando se consignó la fecha del fallecimiento, mientras que Shakespeare murió el 23 de abril del calendario juliano, que corresponde al 3 de mayo del calendario gregoriano. En esta fecha también fallecieron William Wordsworth (en 1850) y Josep Pla (en 1981).
La Unión Internacional de Editores propuso esta fecha a la UNESCO, con el objetivo de fomentar la cultura y la protección de la propiedad intelectual por medio del derecho de autor. La Conferencia General de la UNESCO la aprobó en París el 15 de noviembre de 1995, por lo que a partir de dicha fecha el 23 de abril es el «Día Internacional del Libro y del Derecho de Autor».   
                        https://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_del_Libro

   


viernes, 6 de abril de 2018

POESÍA E OUTROS TEMAS


  • Continuamos traballando coa poesía. Os rapaces e rapazas de 2Aº de Ed. Primaria aprenderon un poema para resaltar a importancia de compartir as tarefas doméstica e recitárono polas clases para que o resto do alumnado poidese escoitar o tema da igualdade en clave poética.

Do mesmo xeito,  alumnos e alumnas de 2ºB declamaron a Gloria Fuertes polas clases de terceiro e cuarto na Hora de Ler. Subíronse a cadeiras para estar á altura da importancia da actividade.




  • Continuando coa visita de escritores na biblioteca, o mércores, 4 de abril, Ramón Caride fixo unha animación lectora dirixida ao alumnado de 4º de Ed Primaria sobre o seu título "As viaxes de Ruki". Respostou a todas as dúbidas plantexadas  e asinou no noso libro de visitas.




  • Tamén, en colaboración co departamento de Orientación, habilitamos un espazo ben visible para dar a coñer o autismo na escola aproveitando a data do 2 de abril, Día Mundial do Autismo. Fixemos unha exposición de títulos con pictogramas da biblioteca, así como de outos cedidos por membros do Equipo de Orientación do centro. O resultado é este: