jueves, 29 de octubre de 2020

SAMAÍN

 EHHHHH CHEGOU O DÍA!!!







Por fin chegou o día no que celebramos o Samaín no noso colexio. Adaptándonos ás novas circunstancias fixemos unha aula interactiva na que atoparedes historias e contos feitos  polos vosos compañeiros na primeira páxina e cancións e contos para os máis pequenos do cole na segunda. Gromiño tamén quixo contarnos unha historia que esperemos non vos asuste moito.

Agardamos gocedes coa nosa proposta:

Preme en: SAMAÍN





jueves, 22 de octubre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 O 24 DE OUTUBRO, conmemoramos o Día das Bibliotecas escolares.





Nesta ocasión adaptamos a nosa celebración  a situación excepcional que vivimos.

Por este motivo, alumnado de quinto e sexto de primaria prepararon a lectura de contos que fomenten a lectura para o resto dos seus compañeiros de cole.

Aquí deixamos os mesmos e unha presentación do Día de Gromiño:



Audiolibro Luna Llena

Audiolibro A arbóre da escola

Audiolibro Montañas de libros

Audiolibro El trasero del Rey


viernes, 16 de octubre de 2020

SAMAÍN

Entre o 31 de outubro e o 1 de novembro, celebramos o SAMAÍN, festividade de tradición Celta, que marca o remate de tempada de colleita e o comezo do inverno.






Como sempre, no noso colexio tratamos esta data coa importancia que merece, vestimentas, festa e merendola terrorífica para os máis pequenos do cole...

Este curso, pola situación de pandemia que estamos a vivir, vémonos na obriga de cambiar  a perspectiva da nosa celebración cunha proposta que agardamos vos guste:

Para os máis pequenos do cole (E. Infantil , primeiro e segundo de Primaria):

-Contar historias ou contos relacionados co Samaín, de cabazas, medo...

Para 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria:

-Inventar historias de medo. Podedes contalas ou directmente ler o que escribistes con boa entoación .

As vosas familias deberán gravarvos para posteriormente mandar a vosa historia a:

abibliodopintorlaxeiro@gmail.com 

O equipo da biblioteca encargarémonos de subir ao blog da biblio as vosas historias para poder compartilas cos vosos compañeir@s do cole.


AHH! e recordade que podedes disfrazarvos par darlle máis emoción a historia!!


domingo, 11 de octubre de 2020

DÍA DA HISPANIDADE OU DA DIVERSIDADE CULTURAL

 O vindeiro luns celébrase o Día da Hispanidade ou da Diversidade Cultural, que conmemora, a chegada de Cristobal Colón a América. 





Preme no enlace que abrirá un aula interactiva. Posteriormente, para visualizar  a información relacionada con esta data fai clic nos post-it.


DÍA DA HISPANIDADE  (preme no enlace)













domingo, 4 de octubre de 2020

BIBLIOTECA MAFALDA

 Hoxe queremos compartir con vós a BIBLIOTECA DE MAFALDA

Nesta seman faleceu QUINO,  o creador de Mafalda, que conquistou o mundo co seu peculiar senso do humor.

Compartirmos con  vós algunhas frases simbólicas de Mafalda, que parece que nunca pasan de moda:

1. Papá, ¿podrías explicarme por qué funciona tan mal la humanidad?

2. "Como simepre: lo urgente no deja tiempo para lo importante"

3. " Al final, ¿Cómo es el asunto? ¿uno va llevando su vida adelante, o la vida se lo lleva por delante a uno?


A cotinuación deixamos un enlace onde podedes desfrutar dos seus libros en PDF. 
Unicamente debedes premer nos libros do primeiro estante.




 LIBROS DE MAFALDA