sábado, 23 de abril de 2022

Día do libro 2022


 Hoxe, día 23 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro, data que pretende fomentar a lectura de xeito global. 

Escolleuse esta data porque garda unha estreita relación no ámbito literario pola conmemoración do falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega no ano 1616.

Dende o colexio celebramos esta data colocando un cartel no patio de primaria e outro na entrada de Infantil para que de xeito libre cada que escribise ou dibuxase sobre o seu libro favorito, o título da actividade é "E ti! De que libro es?"



Ademais tamés fixemos uns marcapáxinasco gallo deste día:








viernes, 22 de abril de 2022

RAMÓN VEIGA

 Coa chegada de Ramón Veiga os rapaces e rapazas de 2º de E: Primaria puideron gozar dunha charla sobre o seu libro "Meigas fóra" da Editorial Anaya. O noso alumnado quedou encantado das aventuras que lles contou Ramón.




lunes, 4 de abril de 2022

DÍA DAS ARTES EN GALEGO

 

O 1 de abril conmemoramos o Día das Artes en Galego, xa que o homenaxeado foi o pintor Laxeiro. Dende a biblioteca fixemos un esforzo por mercar numerosos exemplares relacionados coa arte par que a nosa comunidade educativa puidese gozar de diferentes exemplares cos que traballar contidos nas aulas ou facer obradoiros.