lunes, 21 de septiembre de 2020

XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

 



A consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou este lema e o cartel das bibliotecas escolares para este curso. A autora do mesmo é Bea Lema.

O lema quere poñer de manifesto as distintas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción de cada persoa lectora a través dos recursos que pon a disposición de toda a comunidade educativa.


Un libro é unha oportunidade de ler e de ampliar a súa imaxinación e coñecementos.


Se queres saber máis, preme no enlace: Bibliotecas escolares de Galicia

domingo, 20 de septiembre de 2020

 


O Título do noso Proxecto anual de centro ten moitas posibilidades de interpretación e todas elas teñen cabida na nosa biblioteca.

Continuamos sendo Ecolaxeiros, guiados pola nosa mascota "Gromiño" que axudaranos a reducir, reutilizar e reciclar no noso colexio, tentando obter "Resíduos cero", e deste xeiro contaminar menos o planeta.

Construímos camiños, coa inclusión de todas as posibles maneiras de pensar e de entender a vida e o mundo que nos rodea.

E aproveitando que, o vindeiro ano celébarse o "Xacobeo 2021", faremos diferentes roteiros polos distintos camiños de Santiago; descubrindo deste xeito, a xeografía, a cultura, a gastronomía, a historia e moitas cousas máis de todos aqueles lugares polos que percorren os camiños que van a Santiago. 


COMEZAMOS!!!

 Arrancamos unha nova etapa, atípica e, agardamos que única, na que nos temos que reinventar debido a situación que estamos vivindo coa COVID-19.

Neste curso, introduciremos moitos libros dixitais para que toda a comunidade educativa poida desfrutar da lectura. Faremos propostas de actividades telemáticas con outras entidades, centros educativos e asociacións para manter  o fío cultural e de aprendizaxe que levamos cultivando dende fai anos na nosa biblioteca. Promoveremos actividades de fomento de lectura para o noso alumnado no que o punto de partida sexa un libro e o camiño para adentrarnos nel sexa o mundo dixital. 

Seguiremos co servizo de préstamo de libros pero xestionado dende as aulas e polo de agora, non poderemos nin facer servizo préstamo polas tardes, xa que, o noso alumnado non pode estar no colexio e tampouco haberá mochilas viaxeiras, porque son de tea e a súa desinfección implicaría ter que lavalas cada vez que as troxeran de volta das súas casas.

Todo isto e moito máis agárdanos na bilioteca do Laxeiro!