APAMP
No segundo trimestre fixemos varias visitas quincenais a APAMP onde participamos en obradoiros relacionados coa reciclaxe e a reutiliación de obxectos de refugallo. Estas visitas e outras actividades que tiñamos programadas facer con eles, víronse truncadas por mor do COVID-19.
Aínda así, tivemos os seguintes obradoiros:
1. Obradoiro de papel reciclado.Onde puidemos aprender a elaborar papel con trozos doutros papeis.
2. Obradoiro de creación artística titulado "Fóra do encadre" co que APAMP participa en concursos a nivel autonómico e nacional. Consiste en pintar marcos ou determinados obxectos que inicialmente irían ao lixo con soportes e accesorios que utilizan os discapacitados deste centro para sentir así as limitacións e dificultades que teñen. Ao remate da obra artística, esta será exposta no Paseo de Alfonso XII de Vigo dous días para que o visite todo aquel que queira.
3. Obradorio de "Zapatillas caseiras", con trozos de teas usadas ou camisetas vellas e con goma de refugallo cedida por CITROEN para a sola, creamos unhas zapatillas para andar por casa.
4. Obradoiro de encadernación, onde o nos alumnado creou adernos con libretas vellas e cartóns, decorándoos libremente.
5. Obradoiro de maracpáxinas, onde os rapaces e rapazas elaboraron marcapáxinas con cartón e papel reciclado.
6. Obradoiro do Meco, elaboración con papel reciclado dun Meco para a súa posterior queima no centro de APAMP.
No hay comentarios:
Publicar un comentario