Antes de publicar o panel do mes de maio, Nerea e Lucía de 6ºA, foron polas clases repartindo uns pequenos agasallos aos participantes da pregunta do mes de abril. Vemos unha imaxe de Nicolás, alumno de terceiro, no momento de recibir o seu marcapáxinas.
Pero non foi este o único acontecemento que vivimos esta semana desde a Biblioteca. O martes día 3 e o mércores día 4, os alumnos e alumnas de 3º de Ed Primaria visitaron a Biblioteca Central "Juan Compañel". Acompañados por César, un dos bibliotecarios, recibiron toda unha lección de formación de usuarios e usuarias. Resultou unha saída do máis didáctica e cultural.
Ana e Yago, disfrutando dun exemplar escrito en xaponés.
O xoves día 5, recibimos a Sabela Gago, conta-contos que, grazas á xentileza de Ed Santillana, repite visita igual que o curso pasado. Fixo dúas animacións lectoras, unha para 1º e outra para 4º de Ed Primaria. Escenificou un conto no que parte do público público pudo participar activamente como protagonista. Foi fantástico, os alumnos e alumnas disfrutaron un montón.
Agustín de 4ºA, interpretando ao rei, subido o trono. |