jueves, 28 de mayo de 2020
martes, 26 de mayo de 2020
PROPOSTA SEMANAL DE ACTIVIDADES ABANCA
Bo día, comezamos a semana coa proposta de actividades de Afundación para toda a comunidade escolar.
A continuación engadimos unha selección de ligazóns para que poidan traballar co alumnado e familias, se así o consideran.- Talleres Papiroflexia.- Conferencia. Laura Sarasola- Teatro en familia.
sábado, 23 de mayo de 2020
ACTIVIDADES PARA O FIN DE SEMANA
Como ven sendo costume, dende a área educativa Afundación dannos unha proposta de actividades para o fin de semana.
A continuación engadimos unha selección de ligazóns para que poidan gozar delas esta fin de semana.
Experimentos Naturnova.Cociña en familia.
Taller de artes plásticas en familia.Biblioteca Infantil.
miércoles, 20 de mayo de 2020
Cartas para ti
Bo día, Cartas para ti é o título da actividade que vos propoñemos realizar estes días, a idea é que escribades unha carta á persoa ou persoas que máis vos apetece ver, tamén podedes gravar un audio e mandar a mensaxe. Animádevos a participar e enviade o voso arquivo a abibliodopintorlaxeiro@gmail.com.
Deixámosvos un exemplo que vos sirva para darvos ideas para a vosa carta.
viernes, 15 de mayo de 2020
RECÍCLATE CON SOGAMA
No marco do Día Internacional da Reciclaxe, que terá lugar este domingo, 17 de maio, SOGAMA, ven de lanzar unha campaña titulada:
No marco do Día Internacional da Reciclaxe, que terá lugar este domingo, 17 de maio, SOGAMA, ven de lanzar unha campaña titulada:
"A reciclaxe sempre é trending topic na nosa terra"
Dirixida a todos aqueles nenos que buscan un mundo mellor, sen resíduos e que fomente a reciclaxe
Nesta campaña podemos atopar uns contos dos bolechas dirixidos aos máis pequenos.
OS TRES ERRES
PREME NO ENLACE: CONTO DOS BOLECHAS
SABES A COR DO COLECTOR?
PREME NO ENLACE:CONTO:SABES A COR DO COLECTOR
AFUNDACIÓN NA CASA
Dende Afundación, comparten con nós, a proposta de actividades para facer este fin de semana relacionadas co autor homenaxeado este ano Nas Letras Galegas Ricardo Carvalho Calero.
Agradamos que as gocedes en familia:
Día das Letras Galegas.Carvalho Calero nas voz dos nen@s. Poema sen título, do libro Futuro CondicionalCarvalho Calero na voz dos nen@s. Poema "Ferrol, 1916" do libro Futuro Condicional.Taller de artes plásticas en familia.Biblioteca Infantil.
miércoles, 13 de mayo de 2020
Letras Galegas
Bo día!
Hoxe queremos facervos unha proposta para preparar o Día de Letras Galegas. Gustaríanos encher as ventás das casas de debuxos de Ricardo Carvalho Calero, o autor homenaxeado este 2020. Deixámosvos un debuxo para colorear se o preferides a pintar, ademáis doutras propostas para colorear no enlace.
E tamén un vídeo cunha adaptación a obra de Carvalho Calero, As pitas baixo a choiva.
Desexámosvos que disfrutedes destas propostas e se vos animades enviádenos os vosos debuxos colgados na ventá a abibliodopintorlaxeiro@gmail.com
martes, 12 de mayo de 2020
Ruleta de contos
Bo día! Hoxe compartimos un recurso que nos pareceu moi interesante para traballar a expresión oral. Trátase dun xogo no que saen ao azar unha serie de elementos para inventar un conto.
Se vos animades a facelo e compartilo por email estaremos encantados de escoitarvos.
Animádevos!
lunes, 11 de mayo de 2020
AFUNDACIÓN
Bo día, dende a área educativa de AFUNDACIÓN propoñen estas actividades para desfrutar en familia:
Agardamos poidades desfrutalas
miércoles, 6 de mayo de 2020
Booktubers
A seguinte actividade que vos propoñemos é a de realizar recomendacións de libros que vos gusten, podedes gravar un audio ou un vídeo para que vos escoitemos e poidamos ter en conta a vosa recomendación na vindeira lectura. Deixámosvos unha recomendación no enlace desta imaxe, así como o vídeo do conto que se recomenda.
¡Animádevos a enviar a vosa proposta!
martes, 5 de mayo de 2020
CONTOS QUE TE CONTAN
Na segunda proposta de actividades que temos para esta semana precisamos a colaboración das familias.
A actividade consiste en que vós, as familias, contedes contos que lle gusten aos vosos fillos e fillas nestes días de confinamento ou contos que teñan un significado especial, que evoquen algo da vosa infancia.
A continuación deixámosvos un exemplo.

Seguro que vós podédelo facer moito mellor!
ACTIVIDADES AFUNDACIÓN II
Bo día,
Dende Área educativa Afundación queren seguir apoiando dende a súa web á comunidade escolar.
A continuación engadimos unha selección de ligazóns para que poidan gozar delas ao longo desta semana, tanto profesorado como familias, sempre que o consideren axeitado.
domingo, 3 de mayo de 2020
PREPARANDO AS LETRAS GALEGAS
Con motivo da próxima celebración do Día das Letras Galegas, estamos a propoñer a realización duns concertos para ese domingo 17, a programación é toda basada en música tradicional galega e a actividade titúlase Música desde a miña ventana: Concerto para os veciños.Deste xeito queremos festexar o noso día aínda que as condicións destas semanas sexan diferentes.
A proposta común para todo o alumnado e o acompañamento instrumental da Muiñeira de Chantada utilizando culleres de madeira e botellas de plástico para a súa percusión.
No seguinte enlace podedes ensaiar co musicograma dinámico.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)