Como en cursos anteriores e nos meses de outubro e novembro traballamos a festividade do Samaín e a de Halloween. A biblioteca fai suxestións ao profesorado para traballar nas aulas:
- A historia.
- Selección de contos distribuídos por ciclos para ler na aula ou na biblioteca.
- Actividades de expresión oral, escrita e plástica.
·
DON LIBRESCO PREGUNTA
Sabedes que é...o Samaín?
É unha tradición de orixe celta.
Samaín é unha palabra gaélica que significa principio do inverno. O tempo de Samaín, a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro era a máis importante do ano: o comezo do ano novo.
Días antes o pobo cos seu druídas reuníanse para facer sacrificios de animais. Achegábase o inverno e había que almacenar víveres e a pel dos animais para afrontar os duros meses que ían pasar. Non vos soa a algo que coñecedes?.
Efectivamente, podemos dicir que era a súa particular matanza. Como se fai nas aldeas do noso país: a matanza do porco.
Pero ademais reuníanse nos camposantos, era a noite máis perigosa do ano.
“As portas do outromundo abríanse e nesas horas as ánimas eran quen de visitar este mundo e aos seus moradores”.
Anímovos a que investiguedes sobre a historia do Samaín, a cristianización da festa, as lendas relacionadas...
Para saber máis: www.vieiros.com/vieirosdaescola
Votade unha ollada á biblioteca!!!.
Aquí van algúns títulos para os que tedes máis de 7 anos:
“Fantasmas no corredor”, “Moko”, “Sálvate Elías”, “Hop Frog”,”Cartas de inverno”,”A noite dos pesadelos”,”Babaiaga”, ”Norocai”, “Un fantasma en el colegio”, “Sálvate, Elías”, “El pequeño vampiro”, “Dicionario dos seres míticos galegos”, e unha fantástica e clásica colección de S.M. Todos Mis Monstruos: “El monstruoso libro de los monstruos”, Operación susto a la hermana”,”Os Barbanzóns: a noite de Samaín”.
Abride a etiqueta de Leo e Lea para ver os títulos recomendados para os máis pequenos. Son tan trastes que mos levaron!!
ESCOLLÍN PARA A REFLEXIÓN ESTE MAGNÍFICO VÍDEO
"LA LEYENDA DEL ESPANTAPÁJAROS"
Considero que é un magnífico corto. Triste, pero tal real como a vida mesma!
Mirádeo e cada un que saque as súas conclusións.
La historia me hizo llorar y a mi madre tambien.Esto no es de miedo esto es de tristeza.
ResponderEliminarPues claro, no tiene por qué ser de miedo.Qué reflexión sacaste?
ResponderEliminar