ENCONTRO CON XURXO SILVESTRE GÓMEZ
"Ti non xogas!", é o título dun dos libros escollidos neste curso polas profesoras de 3º de primaria para traballar na aula.Autor: Xurxo Silvestre Gómez
Ed.: Xerais. Col Merín
"Durante unha semana enteira non parou de chover e hoxe por fin saíu un sol radiante. Pero Suso, en vez de estar a xogar ao fútbol co resto dos rapaces, está sentado nun chanzo da escaleira do patio da escola. Está aburrido e amolado. O peor é estar amolado, e estao, porque cando quería xogar Róber chimpoulle: —Ti non xogas! Non houbo ninguén que lle dixese a Róber que iso non se podía facer, que todos poden xogar e ninguén ten dereito sobre os demais. Por iso Suso está amolado, porque non soubo que facer".
A Biblioteca na súa programación, organizou os encontros con escritores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario