ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE
Comezamos o curso 2012 - 2013 con cambios importantes na nosa biblioteca. Os habitantes da biblioteca estaban desexando contarvos as novas deste curso.
Pero aquí estamos de novo con forzas renovadas e con gañas de seguir traballando.
DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
24 DE OUTUBRO
"O LIBRO QUE TE CHEGOU AO CORAZÓN"
Ese día todo o alumnado encheu as paredes do colexio con fantásticos veleiros cargadiños de libros. Escaleiras abaixo, os barquiños creaban un camiño ata a biblioteca.
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E A IGUALDADE
25 DE NOVEMBRO
" BASTA XA! "
O 25 de novembro o alumnado de educación infantil e de educación primaria uniron as súas mans para confeccionar un mural contra a violencia de xénero e a igualdade.
O Equipo de Biblioteca elaboruo unha Guía de Lecturas, recomedacións de libros para traballar os valores nas aulas:
" A educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos".
Free photo slideshow created with Smilebox |
Unha festa moi nosa é o Samaín. O 31 de novembro celebrámola realizando unha serie de actividades.
O Equipo de Biblioteca confeccionou unha Unidade Didáctica relacionada coa Educación Emocional. Lemos sobre os medos, como enfrontarnos a el e reflexionamos sobre o tema a través da literatura.
Realizamos despois distintas actividades:
En Educación Infantil confeccionaron cadenetas de morcegos e analizaron o cadro "O grito" de E. Munch.
En Educación Primaria buscaron relatos de medo, descripcións (de personaxes, escenas, obxectos, lugares...)... calquera fragmento literario e/ou autor relacionado co tema. Logo, con todos eles e deuxos das portadas dos libros confeccionamos un mural.
GUÍA DE LECTURA NADAL 2012 - 2013
3º CICLO
Como todos os anos anteriores...
En Nadal "Lecturas para agasallar"
En Nadal "Lecturas para agasallar"
No hay comentarios:
Publicar un comentario