lunes, 1 de abril de 2013

DÍA INTERNACIONAL DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2013
2 DE ABRIL
Mañá martes, 2 de abril,celebramos a primeira data importante relacionada cos libros e a lectura. Ao longo deste mes o Equipo de Biblioteca propón diversas actividades relacionadas co tema.
Recordamos a todos/as dende cando se celebra esta data e as razóns que a xustifican.

"Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores, concursos e outras accións puntuais". 
Fonte: http://www.oepli.org/pag/gl/dia.php



MENSAXE DE PAT MORA PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
        e nenos que atrapan as estrelas.

         Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
      percorrendo o mundo coa alegría dos libros.

                                                      
Poema de Pat Mora
Tradución: Concha Blanco

O cartel deste ano é do ilustrador afroamericano Ashley Bryan, escollido polo YBBY para destacar outras culturas que coexisten nos Estados Unidos de América, xunto coa descendente de latinos Pat Mora.

ADHESIÓNS Á CELEBRACIÓN DESTA DATA

Bibliotecas, librarías e outras entidades que celebran habitualmente esta data mediante a organización de exposicións, encontros con autores/as e ilustradores/as, presentacións de libros, sesións de libro-fórum e actividades de animación á lectura.
Desde o catro Seccións da OEPLI e por quinto ano consecutivo solicitouse, principalmente ás librarías e bibliotecas, un esforzo cultural engadido para superar as celebracións realizadas en anos anteriores coa preparación de actos ao redor de Andersen, lecturas continuadas dos seus contos ou dramatizacións das súas obras.
Fonte: http://www.oepli.org/pag/gl/dia.php









No hay comentarios:

Publicar un comentario