viernes, 3 de mayo de 2013

23 DE ABRIL 
DÍA MUNDIAL DO LIBRO
PROGRAMACIÓN

O alumnado de 6º curso de primaria traballou moito para conmemorar o Día do Libro. 
Cada un deles escolleu un ou dous libros para ler aos máis pequenos de infantil e do 1º ciclo de primaria. 
A semana anterior cada aula tiña que escribir unha carta a Gromiño – a mascota da biblioteca- e botala na Caixa Máxica para solicitar a participación nunha actividade especial e así conmemorar o Día do Libro l!!. 
O día 23, baixo a porta de cada aula chegaron por arte de maxia unhas palabras ...
Que significaban estas palabras?. Non sabían. En principio soamente tiñan que saír da aula e buscar polo patio. 
Sorpresa!!! 
No patio se atopaban uns nenos durmidos e cun libro na man!. 
Decatáronse que as notas que lles botaron pola porta coincidían cos títulos dos libros. O único que tiñan que facer era sentarse tranquilamente ao redor de cada neno/a e esperar...
Esperar a que espertasen. 

E ...COMEZOU a actividade!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own free slideshow design

No hay comentarios:

Publicar un comentario