UNHA SEMANA MOI MOVIDA.
PACO NOGUEIRAS
Estes últimos días
foron trepidantes na Biblioteca: en menos de dez días, nos visitaron nada máis
e nada menos que o polifacético músico Paco Nogueiras e dous reputados
escritores, Gonzalo Moure e Vicente Muñoz Puelles.
O pasado xoves, día
12, Paco Nogueiras fixo as delicias
dos alumnos e alumnas de 6º de Ed. Infantil. Pasadas as doce do mediodía, os
nenos e nenas de cinco anos agardaban expectantes a visita do músico que, días
previos, lles fixera chegar unha carta
de presentación. Nogueiras foi quen de marabillalos/as dende o primeiro momento
a través das súas pegadizas cancións pertencentes ao seu libro CD-DVD “Brinca
vai!” e dos contos que tan ben lles soubo contar. Esta actividade
correu a cargo da editorial Kalandraka á
que estamos subscritos desde hai anos porque, como figura no seu slogan,
son “libros para soñar”. Nenos, nenas e maiores, non pararon de rir e cantar. Antes de marchar, agasallounos cun
póster moi simpático para decorar a Biblioteca.
AQUÍ PODEDES VER UNHAS IMAXES
DUNS DIVERTIDOS MOMENTOS
GONZALO MOURE

O mércores 18, contamos coa presenza do autor
valenciano, Gonzalo Moure. O título do
seu libro “Cama y cuento” foi elixido dentro do itinerario lector para os
alumnos e alumnas de 3º curso de Ed. Primaria.
A pesar de ser a última hora da xornada
lectiva, Moure acaparou a atención do alumnado con grande interese. Na
presentación alagou a nosa biblioteca,
pareceulle un lugar máxico polas cores, pola disposición do mobiliario, pola
luz… Despois invitou ao noso alumnado a
que lle fixeran preguntas. En cada unha das respostas había reflexións
profundas, con plantexamentos sociais, humanitarios, ecoloxistas…
Contounos que
lle gustaba moito ler dende ben pequeno, que o seu avó era poeta e que á súa nai tamén
escribía contos que despois lía aos seus cinco fillos, aínda nunca chegou a publicar. Escoitar á súa mamá lerlles un
daqueles contos, era o mellor recordo que ten da súa vida.
Para escribir “Cama y Cuento”,
inspirouse nunha neniña que, nun club de lectura, choraba desconsolada porque
aprendera a ler e en consecuencia, a súa nai xa non lle lería os contos na
cama, antes de durmir.
Para el, escribir e vivir son termos
inseparables e foi así como inventou a
palabra “escrivivir”. Falou do seu
primeiro libro de ciencia - ficción “Geranium”que
trata sobre mundos extraterrestres. Un bo momento para reflexionar sobre a vida
e a morte. Dixo que a vida continúa, que non hai morte, que uns vivimos en
outros. Isto explicouno a través dunha anécdota cun dos seus cans: despois de
morrerlle, fíxose con outro e, nese
outro, estaba aquel ao que tanto quixo. Os nenos e nenas estaban cos ollos como
pratos, moi atentos ante aquelas
palabras cheas de esperanza e profundidade.
Non se esqueceu falar dos desfavorecidos, dos
habitantes do Sahara.
A charla foi fantástica! O alumnado estaba
implicadísimo, encantados e encantadas de entregarlle uns debuxos dedicados por
eles. A pena foi que non houbera máis tempo, aínda que si tivemos o suficiente para
asinar todos os exemplares.
GRAZAS GONZALO!!!!
ESPERAMOS QUE VOLVAS - OUTRO ANO MÁIS - A
ENTUSIASMARNOS COAS TÚAS ESPERANZADORAS E SOSEGADAS VERBAS!
VICENTE MUÑOZ PUELLES
Ao día seguinte, visitounos
Vicente Muñoz Puelles, autor do Libro “Oscar y el león de correos”, de
lectura recomendada para o alumnado de 2º de Ed Primaria. Valenciano como
Moure, tamén respondeu ás preguntas que lle fixeron os nenos e nenas.
Contou
que para escribir o libro, inspirouse nos buzóns que había antano, na época
franquista, cun león esculpido, en cuxa
boca se botaban as cartas. Aquela figura metíalle moito medo ata que un
día, o xefe de correos, invitouno a ver o que había detrás. Puido ver
así como se deslizaban as cartas e como aquel home as clasificaba para
facilitar o reparto.

Os nenos e nenas preguntáronlle moitas cousas
sobre a ilustradora.
Notóuselles ben que lles gustaron os debuxos!