sábado, 7 de marzo de 2015


FINA CASALDERREY

"Historia da bicicleta dun home lagarto"
Ed. Xerais.
Col. Sopa de Libros

O pasado venres, día 6, gozamos da visita da escritora Fina Casalderrey. Non é a primeira vez que contamos coa súa presenza na Biblioteca, xa que visitounos en cursos anteriores. É unha das nosas escritoras favoritas!!!

Comezou a  charla agradecendo os carteis de benvida que lle fixeron os alumnos/as de 5º de Educación Primaria. Durante este curso escolar e dentro dos seus itinerarios lectores traballaron o seu libro titulado “Historia da bicicleta dun home lagarto”, editado por Xerais.



                             


Corenta anos dedicados a ensinar e a transmitir o seu amor á lectura, a contar historias da vida e animando coa forza da palabra aos que queren e saben escoitar.

A través do seu inseparable micrófono, a través da súa presenza con voz delicada e forte ao mesmo tempo, é o pulo que alimenta aos que temos a sorte de podela escoitar.




Relatounos anécdotas da súa propia vida: as súas orixes humildes pero felices, a pegada que deixaron os seus pais, como empezou a contar historias, como se fixo escritora, como chegaron os primeiros premios de literatura, e como seguiron chegando, incluso sen presentarse. Tal é o caso do Premio Nacional de Literatura pola obra, “O misterio dos fillos de lúa”. Coa humildade dos e das grandes, dixo que os premios son como unha lotería, se hai a sorte de que alguén dun xurado lea unha obra e lle guste…



Pero sabemos ben cal é o motivo de que sexa unha escritora tan laureada. É capaz de conmovernos coas súas verbas, de chegar a nós, o que non é doado nesta sociedade onde sobran distraccións banais.

Fixo un rápido percorrido polo seu periplo literario, dende as dúas primeiras novelas de literatura infantil e xuvenil “Mutacións genéticas e “Dúas bágoas por máquina” de contido fantástico e de ficción, ata a última, a que tivemos o pracer de incluír no itinerario lector.

En “Historia dunha bicicleta dun home lagarto”, inspirouse nunca bicicleta que viu nun museo en Madrid, que pertenceu a un celador de telefonía dos anos trinta, Ambientada na Guerra Civil, Casalderrey intentou evitar traumas aos xoves lectores e lectoras pero, ao mesmo tempo, non quixo agochar a crúa realidade da época. Unha idea deixouna  clara, que as guerras deben evitarse.

Contounos o conto “Eu son eu”, interactuando cos nenos e nenas, coa dozura que ela sabe empregar.

Ao rematar a charla, tivo a amabilidade de asinar  os exemplares ao alumnado e tamén o libro xigante da Biblioteca, “Os astros da Literatura”. Posou coma a raíña das palabras no trono dos contos.  Só nos queda, dende aquí, unha vez máis, darlle as grazas por la súa marabillosa presenza.  














SABELA GAGO
"A COVA DA FORTUNA"

De novo Sabela Gago con nós. Esta vez co alumnado de 5º e 6º de educación primaria. Un conto participativo e que a nosa alumna Ana Garrandés de 6º curso B escribiuno para non esquecelo!. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario