24 De OUTUBRODÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O 24 de outubro, como cada ano dende o 1997 promovido por “La Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil” celebramos o Día da Biblioteca Escolar.
Elixiuse esta data para lembrar a destrución da Biblioteca de Sarajevo durante
o conflito dos Balcáns. A intención é trasladar á opinión pública a importancia
das bibliotecas como lugar de encontro de lectores de todas as idades coa
cultura, e como instrumento de mellora da formación e convivencia humana.
Este curso o
lema escollido foi “ Biblioteca escolar – Territorio das Artes”. E así explica a
súa visión do lema deste día,Minia Rego, a ilustradora seleccionada este ano
para conmemorar este día: “O
resultado é esta ilustración, coa que quero convidar aos nenos a que xoguen a
buscar as diferentes artes que conforman a paisaxe. Por iso, as protagonistas
son nenas lectoras e armadas debuxantes que se lanzan á aventura da imaxinación”.
Minia Rego
“Biblioteca
escolar, territorio das Artes convida
a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por
achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo a
experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a
arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a
escultura, as
artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos)”.
Este lema pareceunos moi axeitado para desenvolver o
noso PDI (Proxecto Documental Integrado) anual, polo que entre todo o Claustro
de profesores lle puxemos como título:
“Arte-llando no
Laxeiro”
Parte das actividades que imos
desenvolver ao longo do curso 2016-2017 estarán enfocadas dende a perspectiva da arte no
máis sentido amplo da palabra. Todos os equipos docentes traballaremos de forma
coordinada para que,como diciamos a biblioteca sexa ese lugar de
encontro para gozar da lectura, onde atopar a información que precisamos ademais dun
lugar para o encontro coa cultura.
ACTIVIDADES
AS MOCHILAS VIAXEIRAS
Que mellor que comezar a repartir as Mochilas Viaxeiras
ás respectivas aulas, para que as familias compartan nas súas casas momentos de
lectura: libros, revistas, Dvd, "O Conto de Gromiño" e un caderno para que cada
familia escriba, debuxe, aporte ideas ...e entre todos fagamos desta actividade un
medio para comunicarnos.
Como en anos anteriores o alumando de 6º curso
foi o encargado de levalas ás respectivas aulas.
FORMACIÓN DE USUARIOS E ANIMACIÓNS LECTORAS
A Biblioteca de Gromiño tamén celebrou este
día, e o equipo de biblioteca considerou que había que comezar e centrarnos en dous tipos de actividades:
- A formación de usuarios, co obxectivo de introducir ao alumando de infantil e primaria no coñecemento da nosa biblioteca, coñecer e chegar a dominar o espazo, as súas áreas e seccións e as zonas correspondentes segundo as idades e/ou contidos. O equipo de biblioteca encargouse de levar aos nenos/as á biblioteca para escoitar e ver en modo presentación ”O Conto de Gromiño” e como a través da súa historia podemos saber como funciona a biblioteca, cales son as súas normas, como estar nela e que podemos facer. Todas as actividades relacionadas coa Formación de Usuarios levarémolas a cabo ao longo de todo o curso escolar, sendo neste primeiro trimestre o eixo das actividades.
- A animación lectora, con varias propostas enfocadas a educación infantil e a educación primaria. O obxectivo principal é fomentar a lectura individual e compartida favorecendo o encontro entre compañeiros/as, o desenvolvemento da capacidade de escoitar, a ampliación de lecturas en canto a temas, autores ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario