"EL ABRAZO DEL ÁRBOL"
Autora: Ana Alcolea
Ilustrador: David Guirao
Ed. Anaya. Sopa de Libros
Ana Alcolea, escritora aragonesa, licenciada en Filoloxía Hispánica e diplomada en Filoloxía Inglesa, visitounos o mércores, día 1 de febreiro, para falar ao alumnado de 2º de educación primaria do seu libro "El abrazo del árbol". Libro escollido dentro dos itinerarios lectores para este curso 2016 /2017.
Ten unha obra extensa e varios premios: VIII Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil, White Ravens 2012 y Premio CCEI 2012), o Premio Cervantes Chico 2016 ...
Fala das emocións e en concreto dos medos.
Miguel é un neno moi miedoso e unha cousa que lle da pavor é unha árbore que hai de camiño ao seu colexio. Pero un día, non tivo outro remedio que enfrontarse aos seus medos: o seu can Gustavino desaparecera entre as ramas do mesmo, así que ....
O alumnado gozou moitísimo coa súa presenza e non parou de preguntarlle cousas relacionadas co libro que leron, pero tamén relacionadas co proceso creativo da autora.
MAGNÍFICOS TRABALLOS DO ALUMNADO DE 2º B DE PRIMARIA SOBRE O LIBRO DE ANA ALCOLEA "EL ABRAZO DEL ÁRBOL"
No hay comentarios:
Publicar un comentario