FIN DE CURSO EMOCIONANTE
O venres 23 de xuño, foi o último día de curso escolar e como todos os anos o centro o celebra con diversos actos: teatro, cancións, bailes... e ademais a biblioteca entrega os premios aos alumnos/as máis lectores do 2016-2017: María e Marcos, Andrés e o outro Andrés, África e Diego foron os gañadores e merecedores dos agasallos.
Un entrañable día para estes nenos/as de infantil e primaria, que como podedes ver nas fotografías estaban felices cos seus paquetiños cargados sobre todo de boas lecturas, ademais dalgún agasallo práctico como unha fermosa mochila para a mellor lectora do colexio.
NORABOA E FELICES VACACIÓNS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario