O pasado xoves, dous axudantes de Gromiño, Martín e Jéssica, foron os encargados de repartir polas aulas as cartas de Gromiño, onde se anuncia a apertura da biblioteca ao público o luns, día 2; e a circulación das Mochilas Viaxeiras. Con elas, os nenos e nenas do Laxeiro, poderán disfrutar de lecturas en castelán, galego e inglés; así como de xogos interactivos e DVDs de carácter educativo.
O alumnado recibiu a misiva con moito entusiasmo e está desexando facer "Unha viaxe por Vigo contigo"da man de Gromiño e os seus amigos. Este é o título do Proxecto de Centro. Estudaremos a fondo o pasado e presente da cidade a través de lugares emblemáticos e da súa xente.
Está todo listo. ESPERÁMOSVOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario