O
Proxecto Documental deste curso escolar 2015-2016 está relacionado coa busca de
información, aspecto educativo imprescindible para que o noso alumnado
desenvolva habilidades, coñecementos e actitudes relacionadas coa mesma; en
distintos tipos de textos e en diferentes soportes e formatos. Con este motivo, o Equipo de Biblioteca propón a actividade “CONTAMOS TODOS/AS”.
Cada mes e durante este curso escolar, se seleccionarán unha serie de preguntas
relacionadas con distintas temáticas, disciplinas e áreas: historia,
matemáticas, ciencias sociais e naturais, acontecementos, curiosidades... Estas
propostas estarán visibles nas entradas de Ed Infantil e da biblioteca. Os/as que queiran participar na resolución destas preguntas poderán
coller as papeletas deseñadas polo equipo de biblioteca, cubrilas e depositalas no buzón. Antes de rematar o curso premiaremos ao alumnado máis colaborador.
COMO SE PODE
PARTICIPAR?
- Contestando ás distintas cuestións.
- Elaborando propostas.
- As familias tamén poden participar para impartir charlas aos nenos/as sobre distintos temas: traballo, profesións, afeccións, viaxes, deportes, experiencias...
SOBRE QUE TEMAS ELABORAMOS AS
PROPOSTAS?
- Acontecementos históricos, literarios, científicos... de cada mes.
- Que sabes sobre ti? (saúde, alimentación...)
- Que raro é isto!!! Curiosidades do mundo animal, vexetal e do espazo
- As grandes metidas de pata da historia e de algo máis!
- “Penso...logo existo”. Matemáticas, lóxica, xogos...
XA ESTÁN
EXPOSTAS AS PROPOSTAS DE XANEIRO!!! PARTICIPA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario