Como cada ano celebramos o Día Escolar da non Violencia e a Paz na escola. Este curso coincide en día non lectivo, sábado 30 de xaneiro, polo que adiantamos as actividades conmemorativas ao venres 29.
Durante toda a semana permaneceron expostos unha variedade de libros con temática de valores para que alumnado e profesorado puideran dispoñer deles.
Aproveitando esta data quixemos achegar aos nosos alumnos/as a figura dos refuxiados. Procuramos tratar o tema con delicadeza dada a crudeza desta crise que nos afecta a todos. Desde a Biblioteca buscamos recursos e atopamos na páxina de ACNUR (Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados) o conto "La pequeña Carlota" que nos deu pé para introducir o tema e traballar sentimentos e emocións.
Proxectámolo o na biblioteca e
despois de visionalo invitamos a todos os nenos/as a reflexionar sobre o tema
que plantexa este sinxelo e magnífico conto. Tamén o imprimimos e plastificamos para que entre a formar parte da nosa biblioteca.
https://www.eacnur.org/content/unidad-did-ctica-la-peque-carlota
Os nenos e nenas plasmaron a súas sensacións con frases e debuxos que pegamos nun mural:
No hay comentarios:
Publicar un comentario