A escritora Francesca López d`a Silva fixo acto de presenza o pasado venres, día 13 de febreiro, no colexio, inaugurando así a ronda de visitas de autores/as deste curso académico.
A súa obra, "El duende de las lenguas que se traban", foi elixido como itinerario lector en lingua castelá para nenos e nenas de segundo curso de Educación Primaria. Unha vez máis e coma sempre , a animación lectora levouse a cabo na Biblioteca.
Tras a presentación, Francesca repasou, con axuda dos pequenos e pequenas, o argumento do libro.
Seguidamente, invitounos a ler varios fragmentos de viva voz. O alumnado esmerouse neste labor, daba gusto escoitar a lectura nas súas voces !!!
Agasallarona cun libriño ilustrado con debuxos sobre sensacións propias obtidas coa lectura da obra.
Finalmente asignoulles todos e cada un dos exemplares.
Rapaces e rapazas pousaron así de ledos coa mascota e con fichas para colorear que lles facilitou a autora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario