Con motivo do
aniversario do nacemento de Rosalía de Castro,
o Equipo de Biblioteca programa unha serie de actividades para difundir a vida e obra desta grande escritora.
A AELG (Asociación de Escritoras
e Escritores en Lingua Galega) vén loitando estes anos para que o 24 de febreiro sexa unha xornada
especial e propón que todos e todas fagamos o agasallo dun libro en galego e
unha flor. A Asociación impulsa diversas actividades; realiza unha
proposta anual aos centros educativos a través das súas bibliotecas escolares, ás que se pode acceder a través do enlace.
Por todo isto, dedicamos a actividade, "Contamos todos/as: A pregunta do mes", á figura da insigne autora. Fíxose unha cuestión por curso para que o alumnado poda participar investigando sobre a súa vida e obra.
Propoñemos tamén, facer un acróstico colectivo; cada curso inventará un verso. Repartiremos marcapáxinas que alumnos e alumnas poden decorar ao seu gusto con versos ou debuxos alusivos.
Destacamos un enlace sobre a vida de Rosalía emitido nun programa de RTVE, "La aventura del saber", en Televisión a la carta.
Recomendamos a lectura de textos da autora adaptados a nenos e nenas, como é o caso do libro "Parece unha rosa" , magníficamente ilustrado por Isabel Pintado e editado por Espiral Maior e que se pode atopar na biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario