Elas encargáronse de elaborar o cartel da Pregunta do mes de marzo, que como non podía ser doutra maneira, adicámolo a mulleres célebres nas ciencias e nas letras; a mulleres famosas, emprendedoras, loitadoras, gobernantes, inconformistas...
Para atopar a solución ás cuestións do mes, fixemos unha pequena mostra de fondos da biblioteca á entrada:
Aos nenos e nenas de cursos máis baixos, tamén lles encanta participar en tarefas de organización e dinamizacion da Biblioteca no centro. Na imaxe vemos a Xulio, Alejandra, Xaido e Mario, no momemto posterior ao anuncio ao resto dos compañeiros e compañeiras, de que xa podían participar na Pregunta do mes de marzo. Como bos axudantes que son, locen moi ledos o pin de Gromiño:
Ademais colaboraron Alexia, Uxía, Elena e Marta. Encargáronse de repartir un pequeno agasallo a todos e todas as participantes na Pregunta do mes de xaneiro; así como, de colocar por orde alfabética os fondos de poesía e teatro que hai na biblioteca:
Lucía, Emanuel, Felipe e Lucas, colaboraron en tarefas de colocación e orden:
No hay comentarios:
Publicar un comentario