Hoxe venres, 1 de abril, recibimos ao escritor e músico afeccionado, Xelís de Toro na biblioteca. Os nenos e nenas de Terceiro de Ed Primaria escoitaron con entusiasmo a animación lectora da súa obra: "O trompetista e a lúa", título escollido como itinerario lector en lingua galega para este curso.
Comenzou atraendo a atención do público invitando a escoitar os sons do ambiente; foi nese momento cando se fixo un silencio na sala e se puido escoitar o ruído dos coches que circulaban pola rúa. Ese son tan cotiá foi capaz de enganchar ao alumnado e, dende ese intre, mergullounos na historia. Repasou o relato, e ataviado cunha trompeta, fixo as delicias de todos e todas.
Cando rematou a exposición, permitiu unha ronda de preguntas. Estela preguntoulle si o protagonista da historia era real ou ficticio. Xelís respondeu que tiña recordos de neno, en Santiago de Compostela, dun xeadeiro que tocaba a trompeta na Praza da Quintana , pero que cando o comenta cos seus amigos, estes non lembran ao devandito xeadeiro-trompetista...
Lembrou a todos os nenos e as nenas con moito agarimo, que a música se atopa nos latexos do corazón.
Antes de se marchar, moi gustosamente, asinou todos e cada un dos exemplares do alumnado. Tamén tivo tempo de observar e agradecer os debuxos que fixeron os lectores e lectoras sobre a súa historia.
Antes de se marchar, moi gustosamente, asinou todos e cada un dos exemplares do alumnado. Tamén tivo tempo de observar e agradecer os debuxos que fixeron os lectores e lectoras sobre a súa historia.
A continuación, unha montaxe fotográfica de todo o que deu de si esta agradable visita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario