O 4 de abril visitounos OLI, autor de "O rato avó e o muraño", título elexido en lingua galega para segundo curso. Os nenos e nenas, xunto coa súas mestras, tiñan moitas ganas de coñecelo tras ler o libro.
Contoulles moitos contos e algúns dos seus segredos, como que as súas ideas aparecían en calquera momento e por iso leva sempre unhas libretiñas pequenas para escribirlas no momento que aparecen. Así, despois de moito traballo, algunhas convérterse en libros e outras non. Desta forma, chegou a escribir e publicar "Pirata pata de Lata" para o seu fillo cando era pequeno.
Foi unha experiencia incrible coñecelo e que dese resposta a todas as súas preguntas.
O 13 de abril, foi ANXO FARIÑA o que tivo a cortesía de asistir á nosa biblioteca para impartir unha charla para os alumnos e alumnas de sexto curso de Ed Primaria. O título que leron os rapaces e rapazas é "Os Megatoxos e o dragón de Xade".
Iria e Nerea de 6ºA foron as encargadas de redactar a súa particular crónica sobre o evento:
"Hoxe visitounos Axo Fariña, o escritor da famosa colección de Megatoxos. Veunos a dar unha charla aos alumnos de sexto sobre o seu último libro desta colección. Anxo Fariña é escritor e tamén ilustrador. É moi simpático, e na charla relatounos a súa experiencia na illa de Xapón, na que se inspirou para facer o libro. Trouxo unhas fotografías da súa viaxe, ensinounos os templos, as vivendas, os parques...
Fixo un debuxo dun compañeiro noso, pero un pouco máis fantástico. Engadiulle unhas ás e cambioulle a roupa.
Cando rematou firmounos os libros."
Iria.6ºA
"A charla que nos deu Anxo Fariña tratou sobre como ilustra os seus libros, os escribe e inventa. Pareceume divertida. Tamén nos explicou en que se inspirou para escribir o libro nº5 dos Megatoxos, e como fixo para para elaborar toda a colección. Para inventar un personaxe, ten que velos antes en debuxo ou en persoa, como fixo co meu compañeiro."
Nerea.6º A
O martes 19 , e para 3ºEd Primaria, tivemos o gusto de recibir a MARÍA SOLAR, autora do título, "La verdadera historia de la mosca de la tele". María, ademais de periodista, traballa na TVG, tamén é bióloga e mestra. Na charla puxo de manifesto as súas dotes de mestra, xa que soubo chegar aos nenos cunha consigna: "Primeiro falar un pouco, logo escoitar"; de bióloga, pois coa axuda dunha montaxe foi contando curiosidades reais dos personaxes da historia: insectos e arañas, ; e de periodista, relatounos como é o mundo da televisión por dentro. Todos e todas escoitamos con moita atención e tomamos nota de que se a queremos volver a ver pronto, non temos máis que encender o sábado a TVG e ver o programa "A revista de fin de semana".
Foi todo un pracer recibir a María.
No hay comentarios:
Publicar un comentario