MES DE ABRIL, O MES DOS LIBROS
Este ano tocoulle o turno á sección do IBBY de Brasil e en concreto á escritora brasileira Luciana Sandroni e ao ilustrador tamén brasileiro Ziraldo.
O 23 de abril é a outra data importante da que vos informaremos máis adiante.
ACTIVIDADES PROGRAMADAS NO NOSO COLEXIO
Este curso, decidimos unir tres datas: o 27 de marzo, Día Internacional do Teatro; o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e 23 de abril Día Internacional do Libro. Todas as actividades que estamos a desenvolver e as que levaremos a cabo ao longo deste mes xiran arredor do teatro.
27 DE MARZO DÍA
MUNDIAL DO TEATRO
En 1948, varias personalidades do mundo teatral,
propuxeron, xunto coa UNESCO, a creación dun Instituto Internacional de Teatro
(ITI / UNESCO).
Este Instituto Internacional de Teatro se reunía
anualmente e nunha desas reunións (en 1961) o Centro ITI Finés propuxo crear un
Día Mundial do Teatro. Así foi como en 1962, un 27 de marzo, tivo lugar a
apertura da tempada teatral e a
inauguración do Teatro das Nacións de París polo que se elixiu esta data para
conmemorar este Día.
Dende
ese 27 de marzo de 1962, unha personalidade do mundo do teatro é invitada a
escribir a Mensaxe Internacional que se traduce a 20 idiomas e é lido antes da
función diante dos espectadores que nese día asisten ao teatro.
“O teatro é capaz de dar unha palabra de boca a boca,
unha mirada de ollo a ollo, un xesto de man a man e de corpo a corpo”.
“O teatro estivo e sempre permanecerá”
No hay comentarios:
Publicar un comentario