O mes de abril veu cargado de
actividades. Comezamos o mes coa visita
á Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, organizada polo Equipo de
Actividades Complementarias e Extraescolares do noso centro.
O alumnado de educación infantil e de educación primaria puido gozar dunha marabillosa experiencia: charla, lectura e xogos conformaron esta actividade da que sacamos moitas ensinanzas.
UNHA CHARLA MOI AMENA E DA QUE APRENDEMOS MOITO
César, o bibliotecario, realizou un percorrido pola historia da biblioteca, como está organizada e como se xestiona.
UNHA BIBLIOTECA IMPORTANTE
4.000 metros cadrados se superficie
37.000 socios
400.000 visitas
150.000 exemplares informatizados
20 ordenadores
VISITAMOS A SALA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
E PARTICIPACIÓN EN XOGOS PARA COMPROBAR A PERICIA DO NOSO ALUMNADO
No hay comentarios:
Publicar un comentario