PACO NOGUEIRAS NA NOSA BIBLIOTECA
O venres, 31 de marzo o alumnado de educación infantil gozou coma nunca coa presenza na biblioteca de Paco Nogueiras, proposta que realiza a editorial Kalandraka para os nenos/as de educación infantil.
Paco Nogueiras chegou cargado cunha maleta chea de fermosas e entretidas historias que fixeron as delicias dos cativos do colexio.
Uns días antes recibimos unha carta anunciando a súa visita
Ao longo de toda a sesión Paco Nogueiras foi contando e cantando distintos contos da editorial Kalandraka (todos eles están a vosa disposición na biblioteca).
PIÑEIRO
Autor: Antonio Rubio
Ilustrador: Óscar Villán
Libro da Colección Do berce á lúa, con pictogramas poéticos con moito ritmo para que axude a “educar o ollo e adozar o oído” do pequeno lector, como explica Antonio Rubio.
A ÁRBORE DA ESCOLA
Unha fermosa historia que narra a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai crecendo coa atención do protagonista e os compañeiros que ven nel un exemplo a seguir.
RENATO
Autor e Ilustrador: Manolo Hidalgo
Renato está moi triste porque a súa cornamenta enrédase coas árbores. Os animais do bosque búrlanse del pero sucede algo que lle fai decatarse dalgunha cousas, como de comprobar cales son os verdadeiros problemas.
MR. MAGNIOLIA
Autor e ilustrador: Quentin Blake
Un clásico marabilloso, "Mr. Magnolia" (1980) é un libro galardonado con moitos premios. É unha historia que ten como protagonista un entrañable e simpático personaxe co cal os nenos e nenas aprenden a numeración. Un libro con moito humor e cheo de historias disparatadas.
AO FINAL TODOS CANTAMOS AO SON DA MÚSICA DE PACO NOGUEIRAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario