RIMAS E PICTOGRAMAS
PARA O ALUMNADO DE 3 E 4 ANOS
O equipo de biblioteca realizou esta actividade para o alumnado de 3 e de 4 anos. Escolleron o libro "Rimas" de Xosé Lois Pitón (editorial Everest. Montaña Encantada) para xogar coas rimas:
Antes da lectura do mesmo procedemos a realizar o xogo da rima:
- Elaboramos tarxetas cun debuxo e a palabra correspondente.
- Repartimos tres tarxetas a cada neno/a de tal xeito que dúas delas rimaban entre si.
- Despois cada un foi dicindo que dúas palabras "soaban" millor. A que non quedaba ben, a tiraban a "O foso das palabras".
- Rematado o xogo, lles explicamos que cando xuntamos ás palabras que "soan ben", lles chamamos ...
"RIMAS"
"RIMAS"
POSTERIORMENTE LEMOS O LIBRO E TRATAMOS DE MEMORIZAR ALGUNHAS
FINALIZAMOS A ACTIVIDADE REALIZANDO UNHA FICHA
"A FICHA ANIVERSARIO"
Finalizamos a actividade coa realización da "Ficha Aniversario" co debuxo dunha gran tarta acompañada da rima:
"Parabéns para ti,
nesta data tan querida.
Moitas felicidades"
DRAMATICACIÓN PARA O ALUMNADO DE 5 ANOS E 1º DE PRIMARIA
"COUSAS DE PAPÁ"
O alumnado de 6º A de primaria dramatizou este fantástico libro - disco escrito por Raúl Gómez Pato (Ilustradora, Blanca Barrio; música de Héctor Lorenzo e editado por Xerais), ao alumnado de 5 anos e de primeiro curso de primaria.
A historia dun papá un pouco tolo e do seu fillo ... ou filla?, que escribiu unha serie de poemas moi divertidos e que fixo as delicias dos nenos e nenas.
O alumnado de 6º curso contou como este papá viaxa de aquí para alá nuhha vasoira a través de dezasete composicións.
PREPARACIÓN DA ACTIVIDADE, REPARTO DE PAPEIS E ENSAIO
COMEZA A FUNCIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario