UN MES DE CONTOS PARA A PAZ
Durante todo o mes de febreiro traballamos os valores a través de contos relacionados coa amizade, a solidariedade, a marxinación, as diferenzas .... seguindo a programación que podedes ler neste blog.
EL LADRÓN DE PALABRAS
Ilustrador: Nathalie Minne
Editorial: Editorial Luis Vives (Edelvives)
Temática: Sentimientos,Hábitos e valores,Lectura e escritura
Palabras clave: palabras,imaginación,amor,amistad
Neste libro un personaxe enigmático pasea polos tellados da cidade en busca de historias. Historias que contan os nenos ao deitarse, historias dos adultos que contan aos nenos... Palabras e historias que garda na súa cabaña e xogan misturándo entre elas. ten tantas, que necesita organizalas e cando as ten todas ben clasificadas decátase que lle falta a quen llas contar, mais tamén decátase de que hai palabras que descoñece.
Realizamos varias actividades relacionadas co libro:
Dixitalizamos o álbum para contar e proxectar ao alumnado de primaria e o contamos na biblioteca
O alumnado de 6º curso confeccionou un gran mural.
Por último, os distintos grupos de primaria elixiron palabra grandes, blancas, ruidosas, inventadas .... para agasallar ao noso ladrón de palabras e construír novas historias.
ELOÍSA Y LOS BICHOS
Autor: Jairo Buitrago
Ilustrador: Rafael Yockteng
Editorial: El Jinete Azul
Temática: Diversidade. Aceptación de diferentes formas de ser
Ilustrador: Rafael Yockteng
Editorial: El Jinete Azul
Temática: Diversidade. Aceptación de diferentes formas de ser
Este pequeno conto é un magnífico álbum ilustrado cuxa temática ten que ver co respecto á diversidade, resaltando a aceptación que debemos de ter pola maneira de ser dos demais. Porén é unha historia contada dun xeito moi peculiar fundamentalmente pola súa estética e polo pouco texto que ten.
Realizamos diversas actividades:
Dixitalizamos o álbum para contar e proxectar ao alumnado de primaria e o contamos na biblioteca e nas aulas na Hora de Ler.
Traballamos a comprensión lectora e realizamos unha reflexión sobre o mesmo.
A continuación, presentamos aos nenos/as unha serie de preguntas que serviron para que expuxeran o seu punto de vista.
Por último, conversamos e decidimos realizar uns debuxos relacionados coa pargunta:
Que podemos facer os demais para que Eloísa non vexa aos seus semellantes como se foran bichos?
(Nota: estes traballos os colgaremos no blog cando estean rematados)
HORA DE LER
CONTOS CURTOS SOBRE AS EMOCIÓNS
CONTOS CURTOS SOBRE AS EMOCIÓNS
O alumando de 6º curso A e B buscou na biblioteca unha serie de contos relacionados coa paz tanto en lingua galega como en lingua castelán.
Ao longo deste mes foron ás distintas aulas de infantil e primaria para realizar lecturas dramatizadas dos mesmos:
- Lingua castelá: libros de Begoña Ibarrola editados por SM: "¡ Venga, Eloísa, date prisa!", "Tú tienes la culpa", "Yo soy el mayor", "La jirafa Timotea", "Chusco, un perro callejero",
A INSPIRACIÓN DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL
- Libros en lingua galega: "Dereitos do neno e da nena", da editorial A Nosa Terra; "O neno sen nome", e "Boas noites" de Baía Editorial (Serie: Os Dereitos do neno e da nena)
No hay comentarios:
Publicar un comentario