MARÍA CANOSA NA NOSA BIBLIOTECA
Título: "Rubicundo"
Autora: María Canosa.
Ilustradora: Nuria Díaz
Editorial: Xerais Col.: Merlín
3ª Edición - Finalista Premio Merlín de Literatura Infantil, 2014
"Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo. Nin lle parecía raro que todas as noites subise na súa bicicleta e comezase a viaxe enriba da árbore do seu xardín, ata perderse de vista. A Erea o que si lle parecía estraño era a súa indumentaria, un gabán e un sombreiro de copa negros, e debaixo un traxe da cor do acibeche. Erea era así, fixábase nos detalles máis sinxelos".
CRÓNICA DUNHA VISITA
O mércores, 8 de
marzo, veu a visitarnos ao cole a escritora María Canosa, autora do libro “Rubicundo”.
Ao comezo, María explicounos a razón pola cal estaba ese día na nosa biblioteca:
era que se os nenos e nenas non léramos os seus libros, non estaría con todos
nós.
Todos comezamos a
facerlle preguntas. Por exemplo, como e por que escollera ese nome tan raro de
Rubicundo para o seu libro?, Por que agora escribía libros infantís e antes,
non? Pouco a pouco a escritora ía
aclarando todas estas dúbidas. Contounos que ao principio escribía libros de medo
para adultos, pero un día o ilustrador dos seus libros (que se chamaba Dani) lle dixo que estaba un pouco canso de debuxar
sempre o mesmo e sempre as mesmas cousas. De seguido lle pediu que escribira un
libro que lle inspirara debuxos e cousas diferentes Contounos que tamén coñeceu
a unha grande ilustradora chamada Nuria Días, que ao final lle gustou tanto o
libro de “Rubicundo” que decidiu ilustralo.
Falounos doutra
moitas cousas, como por exemplo os libros que escribiu e os que van saír
proximamente, en que se inspira para facelo ...
Ao final, firmounos
a todos e a todas os libros e a cada un lle escribiu unha dedicatoria.
Un día estupendo!
Xaido Nimo Álvarez
Curso: 4º A
ALGÚNS DOS TRABALLOS QUE REALIZAMOS
MARÍA CANOSA FIRMANDO TODOS OS EXEMPLARES
No hay comentarios:
Publicar un comentario