lunes, 21 de mayo de 2018

TERESA GONZÁLEZ E ANTÓN CORTIZAS NA BIBLIOTECA

TERESA GONZÁLEZ
Foi o pasado 11 de abril cando veu a visitarnos a escritora do libro "A filla do ladrón de bicicletas", Teresa González Costa. Resultou moi entretida a visita, grazas á simpatía e bondade da autora. Expliucóunos por que  de pequena decidira ser escritora. Gustáballe moito a lectura,. Para ela foi doado namorarse da lectura, xa que, os seus pais e o seu mellor amigo sempre lle regalaban libros.
Dixo que daquela vivía no campo, no Grove,  coa súa familia. Actualmente, reside en Francia e ten dúas fillas.
Con este libro gañou o premio Merlín. Para inventar o personaxe principal, Serafina, inspirouse en ela mesma cando era pequena, xa que lle encantaba montar en bicicleta. Tiña varias e ademais roubarollas moitas veces.
Despois falamos de desexos. Foi o que máis me gustou. Por último,  asinounos os libros cunha dedicatoria.                                      
                                                                                        (Marina 6ºB)

 Teresa naceu no Grove e actualmente vive en Francia. Viviu en moitos paises e, grazas a iso, sabe italiano, francés e inglés. Ela non só veu falar do seu libro, se non que,  tamén  se interesou por nós.
Comezou dicindo que acababa de saír a precuela do libro. Dixo que se inspirou na súa infancia para escribilo. Un dos personaxes é igual que un neno amigo seu.
Cando era pequena o seu pai tivera un problema, entón decidiu mercar cabalos, cabras e vacas e marcharon a vivir ao campo.
A súa afición a escribir veulle de que os seus familiares e amigos regalabanlle moitos libros.
Antes de rematar a visita preguntou a algúns nenos polos seus desexos ou sonos. Finalmente asinounos o libro.
                                                                                          (Martín 6ºB)


....Contounos que cando era pequena ía ao colexio a cabalo ou en bicicleta; que vivía nunha casa no monte porque o seu pai era pastor; e que actualmente vive en Francia.
Para facer o personaxe do vello Elías inspirouse nun escritor que viaxa polo mundo. Tamén nos dixo porqué é malo Martiño "o Bravo" e a tía Perfecta; e que ten unha precuela do libro.
Ela é difernte aos demais autores porque quixo saber de nós, quixo coñecernos. Preguntounos os nosos desexos pero eu non quixen dicilo. Se os dixera pediría que os meus amigos e familiares foran inmortais, que se acabaran as guerras e que os meus amigos viñeran comigo a Paraguay.

                                                                                      (Camila 6ºB)

...A charla foi moi divertida e ela é moi boa. Coa firma do libro debuxou unha bicicleta e unhas estrelas. O que máis ilusión me fixo foi que xa están nas librarías a precuela da "Filla do ladrón de bicicletas".                                           
                                                                                    (Nuria 6ºB)

...Xa por último mirou os nosos finais da historia e debuxos. Dixo que os quería para ela. Firmounos os libros e fúmonos para clase.
                     
                                                                                 (Yessica 6ºB)
...Inspirouse nela mesma para inventar a Serafina, a protagonista da historia. Outro dos personaxes, a tía Perfecta, describiuna como unha narcisista, e dixo que se parecía moito á súa caseira de cando estudaba a carreira universitaria en Santiago, que sempre andaba a pedir diñeiro. ...
                                                                               (Andrea 6º B)






ANTÓN CORTIZAS

O 12 de abril, o escritor Antón Cortizas veu facer unha animación lectora á biblioteca, dirixida ao alumnado de 2º curso, sobre o seu título "O lapis de Rosalía" (Ed. Xerais). Contoulle aos rapaces e rapazas que empezou a escribir a historia cando a súa filla, tamén chamada Rosalía, tiña seis anos. Explícalles que  o feito de que Rosalía tivera bolboretas na boca é unha metáfora, e que é por que fala bonito, fala galego... Con estos argumentos tan agarimosos fixo as delizas de todo o alumnado. Organizou un pequeno obradoiro de papiroflexia e ensinoulles a construir un paxaro de papel. Os nenos e nenas disfrutaron moito deste momento
.


No hay comentarios:

Publicar un comentario