miércoles, 30 de noviembre de 2011


 O BUBISHER
O bubisher é o paxaro pequeno,  un habitante no deserto do Sahara  que trae boa sorte. 

Pero ademais e dende o ano 2007 é un proxecto que medra ano a ano.

 Todo comezou ese ano nunha xuntanza do escritor Gonzalo Moure co alumnado do colexio San Narciso de Marín (Pontevedra). Suxeriron a idea de levar libros nun bibliobús para os  Campamentos de Refuxiados Saharauis. Púxose en funcionamento no curso 2008/2009 e asentouse no curso seguinte.
Hoxe está a pleno rendemento. Pero mellor lede o documento que vos achegamos aquí para comprendelo mellor:



Open publication - Free publishing - More libro


 
Durante este trimestre moitas bibliotecas galegas colaboran na merca dun libro para cargar de palabras e de esperanza este bibliobús. A biblioteca do CEIP Pintor Laxeiro envía  aos nenos/as saharauis, “La Familia”. Álbum ilustrado de Pep Bruno Galán e Mariona Cabassa Cortés (Kalandraka).
Máis información en: www.bubisher.com/somos

domingo, 6 de noviembre de 2011

Que sabes do Samaín e dos celtas?

Como en cursos anteriores e nos meses de outubro e novembro traballamos a festividade do Samaín e a  de Halloween. A biblioteca fai suxestións ao profesorado para traballar nas aulas:
  • A historia.
  • Selección de contos distribuídos por ciclos para ler na aula ou na biblioteca.
  • Actividades de expresión oral, escrita e plástica.


gif make
·      

DON LIBRESCO PREGUNTA
Sabedes que é...o Samaín?
  É unha tradición de orixe celta.
Samaín é unha palabra gaélica que significa principio do inverno. O tempo de Samaín, a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro era a máis importante do ano: o comezo do ano novo.
Días antes o pobo cos seu druídas reuníanse para facer sacrificios de animais. Achegábase o inverno e había que almacenar víveres e a pel dos animais para afrontar os duros meses que ían pasar. Non vos soa a algo que coñecedes?.
Efectivamente, podemos dicir que era a súa particular matanza. Como se fai nas aldeas do noso país: a matanza do porco.
Pero ademais reuníanse nos camposantos, era a noite máis perigosa do ano.
“As portas do outromundo abríanse e nesas horas as ánimas eran quen de visitar este mundo e aos seus moradores”.

Anímovos a que investiguedes sobre a historia do Samaín, a cristianización da festa, as lendas relacionadas...


Votade unha ollada á biblioteca!!!.

Aquí van algúns títulos para os que tedes máis de 7 anos:  
“Fantasmas no corredor”, “Moko”, “Sálvate Elías”, “Hop Frog”,”Cartas de inverno”,”A noite dos pesadelos”,”Babaiaga”, ”Norocai”, “Un fantasma en el colegio”, “Sálvate, Elías”, “El pequeño vampiro”, “Dicionario dos seres míticos galegos”, e unha fantástica e clásica colección de S.M. Todos Mis Monstruos: “El monstruoso libro de los monstruos”, Operación susto a la hermana”,”Os Barbanzóns: a noite de Samaín”.


Abride a etiqueta de Leo e Lea para ver os títulos recomendados para os máis pequenos. Son tan trastes que mos levaron!!


ESCOLLÍN PARA A REFLEXIÓN ESTE MAGNÍFICO VÍDEO

"LA LEYENDA DEL ESPANTAPÁJAROS"
Considero que é un magnífico corto. Triste, pero tal real como a vida mesma!

Mirádeo e cada un que saque as súas conclusións.