domingo, 17 de diciembre de 2017

GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL

Como cada ano gústanos publicar unha guía de lecturas para axudar a elixir títulos que podan resultar atractivos. Para elaborala tivemos en conta o título do PDI deste curso "Queres coñecer Vigo comigo?" Eliximos contos sobre a cidade pero tamén sobre  civismo e bos costumes. Engadimos algún título de María Victoria Moreno, protagonista das Letras  Galegas 2018, e de Antonio García Teijeiro, gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil 2017.






Esperamos que vos guste e aproveitamos para desexarvos  a todos e todas un BO NADAL 2017.


http://quehacerenvigo.es/programacion-de-navidad-en-vigo-2017/

miércoles, 6 de diciembre de 2017

RONDA DE ANIMACIÓNS LECTORAS

Esta semana tivo lugar, na aula de audiovisuais, unha ronda de animacións á lectura a cargo do alumnado de quinto de Ed Primaria. Por segunda vez, neste curso, púxose en práctica esta actividade. Apréciase unha maior soltura nas exposicións,  resultado da progresiva adquisición de  confianza en si mesmos para falar en público.

Os alumnos e alumnas len un título que lles parece atractivo; tras a lectura preparan e realizan unha presentación diante dos compañeiros e compañeiras na que comentan as súas impresións sobre o argumento do libro ou sobre o  autor/a. A exposición acompáñase dalgún tipo de animación como pode ser unha poesía, un teatrillo ou un traballo de plástica. Tamén poden comparar varios títulos dun autor completando á actividade coa biografía,  ou confrontar un libro e a súa película, etc... Todo resulta válido con tal de que lean e sexan capaces de expoñer oralmente traballos sobre as lecturas. Pódese facer individualmente ou en pequeno grupo.

O obxectivo desta actividade vai dirixido a fomentar o uso da lectura, desenrolar o espírito crítico, mellorar a expresión oral e poñer en práctica o traballo en equipo.
  
Sara e Paula nun momento da súa exposición
Alán quixo comparar varios títulos do mesmo autor.

Uxía, Ana Uxía e María engadiron un traballo de plástica á animación.











Pablo e Andrés na súa exposición.






lunes, 27 de noviembre de 2017

Un venres de ciencia en galego no Laxeiro.


E chegou o momento de poñer a nosa biblioteca ao servizo da ciencia en galego. Nenos, nenas e profesoras de Educación Infantil gozaron dunha divertida xornada de experimentos: globos que se inflan por arte de maxia ou manchas que escapan do deterxente; pero mellor mostramos as imaxes:

MAXIA CON VINAGRE E BICARBONATO
Os nenos e nenas de 3 anos e todos os asistentes viron incharse un globo cando se mistura o vinagre e o bicarbonato


Nesta imaxe, os alumnos e alumnas de cuarto de Educación Infantil observan con interese, como as manchas no leite escapan do lavavaixelas.



EXTRAORDINARIA CHARLA - OBRADOIRO IMPARTIDA POR BIÓLOGOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Mentres, os maiores gozaban dunha charla - obradoiro impartida por expertos biólogos sobre a vida animal e vexetal. E tan expertos!, tanto como que  son  profesores da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. Actividades deste tipo énchenos de satisfacción como mestras e como membros do Equipo de Biblioteca, xa que resulta moi positivo e motivador que homes e mulleres de ciencia  realicen labores de divulgación entre o alumnado máis pequeno.






O cartel anunciador da actividade.








Para comezar, os biólogos presentaron  un Power Point. Nel puidemos ver:  a clasificación de animais, información sobre os máis intelixentes e os máis fortes ademais dos máis traballadores; animais en perigo de extinción e extinguidos; animais de diferentes razas, destacando as de raza autóctona como por exemplo a vaca rubia galega, o cabalo galego, o can de palleiro. 


Os expertos contestaron a todas as dúbidas.


Tras a charla, os alumnos e alumnas pasaron en pequenos grupos para ver unha pequena exposición que montaron na sala, e puideron mirar a través de microscopios de última xeración curiosidades, como unha cabeza de formiga ou unha pulga.



Todos e todas puideron observar, en clave científica, arañas, saltóns, tartarugas, estrelas de mar, caracolas...


                                               






AGRADECEMENTOS
Para rematar, fixémoslle un pequeno agasallo aos Profesores para agradecerlles a súa presenza  e a súa labor divulgativa totalmente desinteresada. Desde esta páxina queremos darlle as GRAZAS outra vez e con maiúsculas!!!


                                     
                                              IMPRESIÓNS DO ALUMNADO

 “Gustounos moito a charla porque aprendimos cousas sobre todo tipo de animais: pequenos, grandes, fortes, débiles, terrestres, mariños… Ademais amosáronnos as partes dun microscopio. Foi moi divertido!”


Sofía, María, Xaido e Lucas.




“A charla gustounos moito porque nos enseñaron animais moi raros que nunca víramos”.
Ayelén, Alejandra, Nicolás e Alan.



“A charla foi moi interesante porque nos falaron de todo tipo de animais, de que comían, como se reproducían. Encantounos!”
Naiala, Estela, Juan, Xulio.



“A charla estivo moi ben, aínda que non puidemos ver o vídeo porque non funcionaba, aprendimos moitas cousas sobre distintos tipos de animais”.
María, Raúl, Hugo e Sara.



“Gustounos moito porque nos amasaron moitas cousas interesantes. Vimos pulgas e a cabeza dunha formiga co microscopio”.
Ana Uxía, Mario, Sara, Iago, Sara.


“Gustounos moito a charla porque nos gustan moito os animais e faláronnos de moitos deles, dixéronnos que había millóns de especies de animais!”
Javier, Andrés, Xiana e Uxía.

domingo, 19 de noviembre de 2017

MES DA CIENCIA EN GALEGO 2017

Como cada ano en novembro, adicámonos a promocionar a ciencia en GALEGO na biblioteca.
Expoñemos na entrada fondos de ciencias en galego, xunto con xogos que axudan a traballar esta disciplina dun modo lúdico. A intención é contribuír a asentar os coñecementos adquiridos, a través do xogo.






 



Confeccionamos un documento para os cursos de Ed Infantil con experimentos sinxelos para poñer en práctica nas aulas.


lunes, 30 de octubre de 2017

SAMAÍN 2017



  • Mostra de títulos relacionados co medo e coa festa de Samaín.




  • Conxuro confeccionado e decorado polo o alumnado de 2ºA.





  • Representación dun conto de medo por parte de nenos e nenas de 6ºB para os pequenos na biblioteca:





-Nas imaxes:  Patricia, Andrea, Martín, Valeria, Nadir e Mariam vestidos para a ocasión nuns momentos da obra.
-A historia representada titúlase: "Dame un susto!", extraida do libro: "¡No me da miedo!"

-Recibimos,  a visita dunhas arrepiantes meigas, que resultaron non o ser tanto, xa que repartiron doces entre os e as  asistentes.











  • Traballos do Samaín:                                    


viernes, 27 de octubre de 2017

QUERES VISITAR VIGO COMIGO?

Este é o título do noso Proxecto Documental Integrado (PDI): "Queres visitar Vigo comigo?". Este curso imos facer unha exahustiva viaxe pola nosa cidade. Aproveitamos a efeméride da Biblioteca para dar a coñecer aos alumnos e alumnas máis pequenos un conto protagonizado pola mascota da bibliolaxeiro,  Gromiño, que nos levará polos lugares máis emblemáticos da cidade olívica.

O texto e as ilustracións  foron elaboradas dende o Equipo de Biblioteca, mentres que,  a montaxe e animación foi labor do Equipo das Tics.
Puxeron as voces, alumnos e alumnas de 5º de Ed Primaria:


  • Narrador: Xaido
  • Gromiño: Andrés Verísimo
  • Parrulo: Paula Fernández
  • Moucho: María Pérez
  • Fada: Paula                               

viernes, 20 de octubre de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA



Xa nos puxemos en marcha para lembrar o Día das Bibliotecas. Como estaba programado (ver díptico de actividades na entrada anterior deste blog), os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º debuxaron as portadas de títulos favoritos que recomendan ler. Con todas elas estamos a confeccionar un mural e o resultado vén sendo este:




Tamén colocamos fondos con temática de biblioteca nun expositor habilitado para lembrar a data do 24 de outubro.




Por outra parte, os nenos e nenas de Educación Infantil, Primeiro e Segundo de Ed. Primaria, poderán disfrutar, o vindeiro martes, dun novo episodio da vida da nosa mascota Gromiño relacionado cunha viaxe pola cidade de Vigo; contado e ilustrado por un membro do Equipo de Biblioteca. Cando teñamos as imaxes, publicaremolas. Nas clases, a semana do 24, na Hora de ler, estamos a facer lecturas colectivas cos libros da exposición con motivo do Día da Biblioteca.



                                     


                                            

E chegou o martes 24. Os nenos e nenas de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria disfrutaron dunha sesión de conta-contos a cargo dos membros do Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo dasTics, que deron lle formato dixital.




Os maiores tamén disfrutaron dunha divertida xornada buscando nun mapa rueiro de Vigo as bibliotecas públicas da cidade.


                           


 Ademais moitos alumnos e alumnas localizaron con moita ledicia as súas portadas no mural:                                          "Recoméndoche ler".




jueves, 12 de octubre de 2017

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS. GUÍA DE LECTURAS

O vindeiro 24 de outubro, celebrarase o Día da Biblioteca, un ano máis  querémonos sumar a esta conmemoración, e por ese motivo, estamos a preparar unha serie de actividades lúdicas e didácticas.
Confeccionamos unha guía de lectura con títulos que teñen relación co fantástico  mundo do libro.







As actividades programadas son:

Fonte Actividade "Recoméndoche": http://lapiceromagico.blogspot.com.es/

viernes, 29 de septiembre de 2017

TODO A PUNTO PARA ABRIR O VINDEIRO LUNS, 2 DE OUTUBRO

O pasado xoves, dous axudantes de Gromiño, Martín e Jéssica, foron os encargados de repartir polas aulas as cartas de Gromiño, onde  se anuncia  a apertura da biblioteca ao público o luns, día 2; e a circulación das Mochilas Viaxeiras. Con elas,  os nenos e nenas do Laxeiro, poderán disfrutar de lecturas en castelán, galego e inglés; así como de xogos interactivos e DVDs de carácter educativo.


O alumnado recibiu a misiva con moito entusiasmo e está desexando facer "Unha viaxe por Vigo contigo"da man de Gromiño e os seus amigos. Este é o título do Proxecto de Centro. Estudaremos a fondo o pasado e presente da cidade a través de lugares emblemáticos e da súa xente.








Está todo listo. ESPERÁMOSVOS!!!















domingo, 24 de septiembre de 2017

BENVIDA AO CURSO ACADÉMICO 2017/2018

Antes de comezar a nosa aindaina para este curso 2017/2018, queremos dar as grazas  aos profesores e profesoras que se xubilaron este ano  pola contribución coa súa labor educativa,  ao uso e fomento da biblioteca do centro.
Á profesora Ángeles Guede, de Educación Infantil; ao profesor Tano,  de Pedagoxía Terapéutica; e aos mestres Eliseo e Loli Crespo, polo seu traballo na organización e mantemento da biblioteca. Grazas a todos por crer no Plambe e en especial a Loli Crespo por pór en marcha  o Plan no 2009 e colaborar activamente nel  ata a súa xubilación.
Desexamos que vos vaia moi ben nesta nova etapa.



E xa estamos a tope de traballo na Bibliolaxeiro. O vindeiro día dous de outubro, abriremos as portas polas tardes para préstamo e consulta. Ademais, as Mochilas Viaxeiras están a piques de emprender o seu periplo por todos os fogares das nenas e nenos do Laxeiro. Poderán vir a buscalas o xoves e venres desta semana en horario lectivo,  previa recepción nas clases dunha carta remitida por GROMIÑO, a nosa mascota, onde dá conta das sorpresas que nos esperan para este curso.

Nesta imaxe podemos ver como preparamos os sobres da carta de Gromiño con moito agarimo:






Mirade, xa están listas para enviar aos seus destinatarios!:







Gromiño está disposto a facer unha VIAXE CONTIGO POR VIGO, vinde con nós!!!!