miércoles, 31 de diciembre de 2014

OS HABITANTES DA BIBLIOTECA DESÉXAVOS UN FELIZ ANO 2015 

E QUE OS VOSOS SOÑOS SE CUMPRAN.



domingo, 21 de diciembre de 2014

GUÍAS DE LECTURA
"UN NADAL PARA CONTAR...CONTOS"
Recordarvos que tedes publicadas neste blog máis lecturas interesantes e divertidas, na Unidade Didáctica sobre as matemáticas e a literatura


domingo, 14 de diciembre de 2014

CONTINUAMOS COAS ACTIVIDADES:
BIBLIOTECA ... MATEMÁTICO!
Seguimos con paixón fomentando o gusto polas matemáticas no seu contexto literario e neste mes de decembro demos un paso máis: montamos unha exposición.
Esta a compoñen libros sacados dos fondos da nosa biblioteca, libros que acabamos de mercar, e unha grande variedade de xogos matemáticos. Ao mesmo tempo confeccionamos un mural no que están representados diversos matemáticos/as e divulgadores desta ciencia con citas propias e coas visións diversas da materia.
Completamos a exposición con cubertas de películas nas que as matemáticas está reflectidas nos seus argumentos.




CHARLA " VIVE AS MATEMÁTICAS"

O venres, 12 de decembro, invitamos ao Dr. Felipe Gago, profesor de Álxebra na USC (Universidade de Santiago de Compostela) e coordinador da olimpíada matemática en España e da Olimpíada Iberoamericana de Matemática Unirvesitaria.

A charla, amena e moi enriquecedora, levou o título de “Vive as matemáticas” . o doutor, fixo un rápido e sinxelo percorrido pola historia dos números e continuou con demostracións matemáticas para facer ver aos nenos/as como o coñecemento e a información é a mellor ferramenta para que ninguén poda manipularnos. Recalcou que a información fannos libres, libres para pensar e libres para elixir: o coñecemento das matemáticas é importantísimo para evitar a estafa e o engano.



Ao remate da charla deu comezo un turno de preguntas no que o profesor satisfixo a curiosidade dos nosos alumnos/as.



Toda estas actividades que amosamos danos un gran pulo para continuar coa nosa tarefa de fomentar o gusto pola lectura, o estudo da ciencia e tamén inculcar na idea de que o mundo está interrerelacionado:

MATEMÁTICAS E LITERATURA ESTÁN CONECTADAS!!
Seguiremos investigando con que outros saberes están contactadas as matemáticas!




Para agradecer á súa amable e desinterasada presenza, agasallámolo cunha figuriña de cerámica de Sargadelos: o faro das nosas Illas Cíes para que lle siga guiando na súa labor profesional como estudoso e divulgador activo das ciencias matemáticas.

Soamente decirlle ao profesor Gago que captamos a súa mensaxe.
GRAZAS!

domingo, 30 de noviembre de 2014

viernes, 21 de noviembre de 2014

AS MOCHILAS VIAXEIRAS
As mochilas viaxeiras xa están a percorrer o seu camiño porque os libros, revistas e Dvds gustan de viaxar para compartir con toda a familia momentos de encontro.

Despois de moito tempo de preparación, por fin partiron de cara aos vosos fogares.


Este ano hai dúas novidades:
  • Engadimos nas mochilas de educación infantil e nas mochilas do primeiro ciclo de educación primaria o conto de produción propia “O duende que non tiña nome”. A historia da mascota da nosa biblioteca. 
  • Volvemos a ter, coma hai dous anos dúas mochilas por aula,

Os nenos/as de 6º curso foron os encargados 
de repartilas ás aulas


As titoras estaban desexando telas: 
MIRADE CON QUE SATISFACCIÓN AS RECIBIRON!!





                                             "O DUENDE QUE NON TIÑA NOME"

                                

Música orixinal do Álbum, "The Road North". Alasdair Frasser & Paul Machlis. 
"Calliope House". 
Sona Gaia. CD-155

domingo, 26 de octubre de 2014

           

Elaboración: Equipo de Biblioteca do CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro
Música orixinal: "She is like a rainbow" Rolling Stones

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS


"BIBLIOTECA, BIBLIOTECA...DOCE, MOI DOCE!!!"

Recordamos a todos/as que esta data é unha das máis importantes dentro das actividades que desenvolvemos ao longo do curso escolar porque conmemoramos o DÍA DA BIBLIOTECA. Celebración que data dos anos 90 e que recolleu a Asociación Española de Amigos del LibroInfantil, e “en recoñecemento ao labor que exercen todos os bibliotecarios, todas as bibliotecas, a prol da lectura, da educación e da cultura”.
Como xa liches neste blog hai uns días, a Consellería de Educación e Cultura publicou o cartel conmemorativo deste día co lema “Biblioteca escolar...matemático! ( obra de David Pintor) para resaltar precisamente o papel das bibliotecas escolares.
Como recordan dende Bibliotecas Escolares de Galicia, e dentro dos procesos de cambio que están a chamar ás portas, nesta data pode ser útil para volver aos principios e lembrar ao matemático e bibliotecario hindú, Shiyali Ramamrita Ranganathan, quen en 1931 anunciou “as 5 leis da biblioteconomía”:
1.     Os libros están para usarse.
2.     A cada lector o seu libro.
3.     A cada libro o seu lector.
4.     Hai que aforrar tempo ao lector
5.     A biblioteca é un organismo en crecemento.


ASÍ CELEBRAMOS O 24 DE OUTUBRO

Nós celebramos este día dun xeito moi doce. O equipo de biblioteca organizou un concurso de debuxo co título “A Biblioteca do Laxeiro". 




O alumando que quixo participar confeccionou un debuxo da biblioteca. Foron previamente á mesma  para recordar as normas de uso  e observar como está distribuída, que seccións hai, como están colocados os diversos materiais...Logo, na aula ou na biblioteca a debuxaron e colorearon.

 

Con todos os debuxos fixemos unha exposición que podedes ver nas fotografías, seleccionamos un debuxo por nivel e un comité de expertos formado por alumnos/as de distintos niveis elixiu os tres gañadores.






E por fin o gran día, o venres 24. Grazas á xentileza de Vanesa, nai de Ainara, alumna de 1ºA, puidemos gozar duns doces agasallos. 

Tróuxonos, dende o seu lugar de traballo, a pastelaría e panadería “Florida” unhas deliciosas tortas con ricos Gromiños para os gañadores e os compañeiros/as de aula, e unhas ricas chocolatinas coa figura da nosa mascota para os/as finalistas e tamén para o alumando que presentou unhas marabillosas maquetas da biblioteca.









 OS GAÑADORES DO CONCURSO DE DEBUXO
Aroa Torres González, de 1ºB
Miguel Pérez Cabirta,   de 4º A
Alejandro Herrero Arango,  6ºA

OS FINALISTAS
Lucía Encisa, de  1ºA
Héctor Gil, de 2ºA
Andrés Verísimo, de 2ºB
Marina, de 3ºA
Eva Bobillo, de 3ºB
Clara Riopa, de 4ºA
Alejandra Monge,  de 5ºA
Sonia Rodríguez, de 5ºB
Mario Sánchez, de  6ºB.






UNHA FERMOSA HOMENAXE NESTE 24 DE OUTUBRO

Pregón - Homenaxe a Ana María Matute escrito por Antonio Rodríguez Almodóvar, a petición da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil. O precioso cartel que o acompaña é obra de Carme Solé


PREGÓN HOMENAJE A ANA MARIA MATUTE

            -¡Ana María, despierta!

El príncipe se quedó contemplándola. Era guapa, el pelo negro, los ojos grandes, la boca carnosa.
Luego la sacudió suavemente, por un hombro. Insistió: -Vamos, mujer, que ya es hora.

Ana María, solo después de un rato, empezó a moverse. Primero movió un dedo, luego una ceja, luego entreabrió un ojo. 

           -¿Y tú… quién… eres? –preguntó, no sin gran esfuerzo. 
           -¡Soy el Príncipe Azul!
           -¿El qué?
           -El príncipe… ¿No te acuerdas? Tenemos que amarnos.
           -¿Es obligatorio?
           -Claro, lo manda la tradición.
           -¡Pues entonces vete a hacer gárgaras! 

Ana María se giró hacia un lado y volvió a dormirse. El príncipe quedó sumamente desconcertado. Se incorporó del filo del lecho y se puso a pasear la estancia.Vio las telarañas del tiempo colgando de los pesados cortinajes, vio a un par de alabarderos durmiendo de pie, la nariz del uno apoyada en la nariz del otro. Vio, o mejor dicho, escuchó la estridente sinfonía de ronquidos que le llegaban de todas partes de aquel palacio encantado; ronquidos atronadores de guardianes forzudos, ronquidos 
silbantes de cocineros exquisitos, ronquidos trascendentes de capellanes gordinflones, ronquidos, ronquidos… Como que tuvo que taparse las orejas para no ser víctima de aquel terremoto sónico… y entonces se dio cuenta: ¡el fuego de la chimenea también dormía! Se acercó, aproximó una mano a 
aquellas llamas petrificadas y quedó ensimismado… Luego de un tiempo incontable, levantó la vista y vio sobre la repisa una hilera de libros. Eran libros de cuentos, los únicos objetos de aquel lugar que no habían acumulado polvo ni telarañas. Con un temblique en el dedo índice de la mano derecha, impropio de todo un príncipe, fue recorriendo los títulos: Cuentos de antaño, de Charles Perrault, Cuentos de los hermanos Grimm, Cuentos de H. C. Andersen, Cuentos de Ana María Matute... Al leer este último, el corazón empezó a repicarle. Sacó el libro y lo abrió. Al azar fue 
leyendo: “Todos nos acostamos con el lobo, pero lo que no podemos hacer es confundirlo con la abuelita.” “La infancia es más larga que la vida”. “El que no ama está muerto”. 

Justo al acabar esta frase, cesaron los ronquidos y el fuego de la chimenea cobró repentina vitalidad. El príncipe se apartó.

           -Eso, ahora ponte a curiosear en mis cosas -oyó a sus espaldas. 

Levantó un poco más la vista y vio, en el espejo de la chimenea, cómo se incorporaba en su magnífico lecho una dama todavía más magnífica. Casi cien años de edad, el pelo totalmente blanco y la sonrisa totalmente pura. 
           -¿Se puede saber qué día es hoy? 
           -¿Hoy? -El príncipe no tenía ni la menor idea.
           -¡Me acabo de acordar!- Exclamó ella-. ¡Es 24 de octubre, día de la Biblioteca! ¡No te quedes ahí pasmao, que los niños nos están esperando! ¡Vamos, Príncipe Azul, mueve el culo! 





domingo, 19 de octubre de 2014

O ALUMNADO 2º DE PRIMARIA NA BIBLIOTECA


O alumnado de 2º de primaria tamén visita a biblioteca: é preciso recordar as normas e ver as novidades deste curso.

Coñecen o conto “O duende que non tiña nome”, a historia da nosa mascota Gromiño e de cando este trasniño decidiu quedarse con nós. Pero como todo trasno, desaparece todos os cursos uns días, polo que os nenos/as xogaron a buscalo. 


A Gromiño, todos os cursos ocórreselle esconderse nos recunchos máis incribles!

Nenos/as de educación infantil buscando a Gromiño

Logo gozaron coa lectura dos libros da exposición “Edicións Laxeiro” .





Tamén contarvos que convocamos un concurso de debuxo para celebrar O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES o próximo venres, 24 de outubro.

Co lema “Biblioteca de Laxeiro” os nenos/as deseñan o debuxo da nosa biblioteca. Con todos os debuxos presentados faremos unha exposición e, nunha votación democrática, o alumnado elixirá o gañador.

Este recibirá un doce agasallo e tamén poderá degustalo, a aula á que pertenza o gañador/a. 

DOCE AGASALLO? 

HAI QUE PARTICIPAR E TER PACIENCIA!






Nas fotografías podedes ver como as profesoras dos respectivos niveis, Eugenia González e Teresa Prieto, explican as normas e axudan aos nenos/as a observar de forma detida os espazos da biblioteca.

Logo...A PINTAR E COLOREAR!












sábado, 11 de octubre de 2014

COMEZAMOS UN NOVO CURSO
2014-2015
Este curso imos desenvolver un novo Proxecto Documental: "Un Laxeiro de cine". A biblioteca programou para este curso a súa actividade principal centrada no cine. 
Equipos docentes, profesorado, alumnado, pais/nais e contando tamén con varias e diversas colaboracións xuntarán os seus esforzos para acadar con éxito - coma en cursos anteriores -  os obxectivos que nos propoñemos. Cremos que o cine é un excelente obxecto de coñecemento e de aprendizaxe de valores  universais. Solidariedade, tolerancia, autonomía persoal, igualdade de oportunidades  entre os sexos, interculturalidade, xustiza...son temas que podemos traballar co noso alumnado a través da linguaxe cinematográfica.

UNHA BOA MANEIRA DE COMEZAR
EXPOSICIÓN DOS NOSOS LIBROS
"EDICIÓNS LAXEIRO·


Xa comezamos coas exposicións na Biblioteca. Mentres recollemos material para traballar sobre o lema proposto dende Bibliotecas Escolare "Biblioteca escolar...matemático”, o equipo de biblioteca pensou que era moi interesante dar a coñecer ao noso alumnado a colección de libros confeccionados polo alumnado actual e polos compañeiros/as que xa están no instituto. Por este motivo, titulamos a colección: “Edicións Laxeiro”. 

Os primeiros visitantes foron os nenos/as de 6º A de Educación Infantil. Podemos ver na imaxe que vén a continuación o atentos que estaban ás explicacións da mestra Isabel García.



Acto seguido, puideron gozar dos volumes dentro da Biblioteca. Estiveron moi entretidos!!











Por outra parte, estamos a preparar as Mochilas Viaxeiras. Este curso recuperamos a entrega de dúas por aula para que a permanencía destas lecturas e dvd,  nas vosas casas sexa do maior tempo posible.


EN BREVE AS TEREDES NAS VOSAS CASAS!



lunes, 29 de septiembre de 2014

50 ANOS CON MAFALDA

No ano 1964 naceu este entrañable personaxe. As historias de Mafalda constitúen as leccións mellor contadas da vida e unha das bandas deseñadas máis lidas e traducidas do mundo. Quino, o seu creador, humorista gráfico argentino, publicou esta magnífica obra entre 1964 e 1973. 

"Mafalda, la chica de pelo negro que odia la sopa y está en contradicción con los adultos, se publicó por primera vez el 29 de septiembre 1964 en el semanario Primera Plana de Buenos Aires. El 9 de marzo 1965, con el paso de las tiras cómicas al periódico El Mundo (en el que Quino publicará seis tiras por semana), se inicia el imparable éxito del personaje, que cruza las fronteras nacionales para conquistar América del Sur y luego se extiende a Europa, ganando una posición de liderazgo en el imaginario colectivo". 

Frases famosas de Mafalda
Un ser "inteligente, irónico, inconformista, contestatario y sensible, que percibe la complejidad del mundo desde la sencillez de los ojos infantiles". Esa fue la explicación que dio el jurado del Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades este año cuando decidió premiar al dibujante Quino por Mafalda, la historieta de una peculiar niña argentina que reflexiona sin cesar sobre el devenir del mundo. Homenaxe do artista chileno Guillo

NÓS ESCOLLEMOS ESTA FRASE DAS MOITAS QUE TEN
PARA CONTEXTUALIZAR A SITUACIÓN

"Todos creemos en el país

lo que no se sabe es si a esta altura el país 
cree 
en nosotros"

jueves, 11 de septiembre de 2014

LIBROS DE DIVULGACIÓN MATEMÁTICA EN SOPORTE DIXITAL

Aquí  tedes dous dos títulos que publicou Rede Lectura (Bibliotecas Escolares de Galicia).

Visitade o enlace para informarvos de moitas máis cousas.


miércoles, 10 de septiembre de 2014

BENVIDOS A TODOS/AS!

UN NOVO CURSO ESCOLAR E  ILUSIÓNS  RENOVADAS PARA COMPARTIR



Biblioteca escolar... matemático!!! 

Comezamos un novo curso escolar con novas ilusións e que esperamos compartir con toda a comunidade educativa. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere dar continuidade á iniciativa e as liñas marcadas o curso pasado coa elección dun lema e un cartel para o inicio da campaña deste curso. O lema elixido é o que leva por título este pequeno parágrafo: "Biblioteca escolar...matemático!!!", con el se pretende "incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe".
O cartel é obra do ilustrador David Pintor que interpreta a campaña como "unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado".
Podedes ver distintas experiencias en bibliotecas escolares galegas con interesantes propostas de actividades que xiran en torno ás matemáticas e que poden servir para traballar e aprender.

                                                                                   Fonte: Bibliotecas Escolares de Galicia




jueves, 28 de agosto de 2014

"TAMBO"

Autores: Laura M. García Ferro, Víctor A. Castro Martínez.
Ilustrador: Suevia Sobral Santiago
Edicións do Cumio
Colección: Multimedia.
"Tambo é un proxecto multiformato que integra nunha soa obra aspectos musicais, audiovisuais, literarios e de expresión corporal.
Naceu dunha actividade dinamizadora da biblioteca escolar do C.E.I.P. do Carballal de Marín na que o alumnado elaborou un relato que anos máis tarde propiciaría unha irmandade co C.E.I.P. A Pedra de Bueu.
Presenta unha esencia claramente educativa.
Todo o proxecto está tinguido de transversalidade tratando valores como a conservación do medio ambiente ou a discapacidade.
Preparádevos para gozar con contos convertidos en canción, cancións mudadas a imaxes e imaxes transformadas en coreografías.
Sen dúbida temos ante nós un libro disco para pequechos, maiores e profesionais do ensino que presenta tódolos ingredientes para pasalo ben coas andainas dunha tartaruga ben simpática".
Contén:
• 13 contos orixinais ilustrados cun fío común
CD de audio
• 13 cantigas en diferentes estilos
DVD
• 13 animacións dinámicas 
de Stop Motion con karaoke
• 6 coreografías gravadas 
por nenas en exteriores"



"Un neno na emigración"


Autor/es: Francisco Álvarez - Koki
Ilustrador/es: Marta Iglesias
Idiomas: Galego / Español / Inglés
Colección: Infantil Linguas
Tradutor/es: Miguel Falquez-Certain

"Breogán é un neniño emigrante galego en Nova York que convive no seu barrio de Astoria con outros nenos emigrantes de diferentes nacionalidades: gregos, xaponeses, chineses, brasileiros, irlandeses, portoriqueños, italianos etc.
Breogán dase conta de que os seus amigos amais de falar inglés falan na súa casa no idioma de seu; Breogán fala galego, pero outros nenos galegos que viven en Nova York falan español cos seus pais.
Cando Breogán visita Galicia non ten problema ningún para comunicarse coa súa familia e cos seus amigos en galego".


martes, 26 de agosto de 2014

"RELATOS DEL MAR
De Colón a Hemingway"
Colección: Clásica Maior
Traducción: Marta Salís y otros 
Encuadernación: Tapa dura

Outra antoloxía de autores publicada pola Alba Editorial na que podedes atopar memorias de exploradores, capitáns, piratas, buscadores de tesouros, simples pasaxeiros, buques fantasmas... 

"Veremos a Jack London haciendo surf y a un elegante matrimonio, en un cuento de Scott Fitgerald, a punto de zozobrar, real y figuradamente, en el curso de una larga travesía. Asistiremos con Turguénev a un incendio en el mar y con Kafka a la confesión de un hombre condenado a vagar en una barca por toda la eternidad… La nómina de autores aquí representados reúne varios nombres clave de la literatura universal". Ed. Alba.

Podedes ler a: Hernando Colón, Alexandre O. Exquemelin, Daniel Defoe, Olaudah Equiano,  Washington Irving, James Fenimore Cooper, Wilhelm Hauff, Hugh Crow, Daniel Tyerman y George Bennet, Nathaniel Hawthorne, Richard Henry Dana, hijo, Edgar Allan Poe, Charles Dickens, Anthony Trollope, Henry James, Benito Pérez Galdós, Jules Verne, Robert Louis Stevenson, Iván S. Turguénev, Guy de Maupassant, Lev N. Tolstói, Herman Melville, Antón P. Chéjov, Rudyard Kipling, Bram Stoker, Marcel Schwob, Fritdjof Nansen, Stephen Crane, Rainer Maria Rilke, Winston Churchill, Pío Baroja, Joshua Slocum, Emilio Salgari, Emilia Pardo Bazán, William H. Hodgson, Jack London, Richard Middleton, Maksim Gorki, Saki, Joseph Conrad, Franz Kafka, Liam O’Flaherty, Francis Scott Fitzgerald, Ernest Hemingway, Roald Dahl.

Tamén se queredes escoitar un relato desta magnífica antoloxía podedes ver o podcast do programa de Radio 5 Biblioteca Básica, do 16 de agosto deste ano.

Tamén máis información na web de Alba Editorial 


UN EXCELENTE LIBRO PARA TER NA BIBLIOTECA DO COLEXIO


"MIS CUENTOS AFRICANOS"
Nelson Mandela.
Ed.: Siruela, 2013

Unha marabillosa antoloxía de contos africanos recollidos por Nelson Mandela e que a editorial Siruela publicou o ano pasado. Contos africanos e ao mesmo tempo universais. Descubriredes a través deles o retrato da humanidade, dos animais... O libro está magníficamente ilustrado por 16 artistas africanos. 

«Está la liebre», observa Mandela en el prólogo, «una pilluela muy ingeniosa; la hiena, que es la perdedora de todas las historias; el león, el jefe de los animales y quien les da regalos; la serpiente, que inspira miedo y a la vez es el símbolo del poder sanador; hay también hechizos que pueden acarrear la desgracia o conceder la libertad...».


Se sodes curiosos e queredes aprender máis sobre o libro ou sobre o autor visitade a páxina da Editorial Siruela


Nela atoparedes a sinopsis do libro, a biografía de Nelson Mandela, un fragmento do mesmo, unha entrevista ao autor e noticias moi interesantes.

AGORA QUE VAI COMEZAR UN NOVO CURSO PODEDES PEDIR QUE A BIBLIOTECA DO VOSO COLE O MERQUE. 
PAGA A PENA!