domingo, 24 de febrero de 2013

24 DE FEBREIRO
NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

O Equipo de Biblioteca do CEIP Nosa Señora das Dores, elaborou esta magnífica recompilación de recursos (poemas, biografías...) que comparte con todos nós.

viernes, 22 de febrero de 2013

“TODAS CON ROSALÍA”
Dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, chega este vídeo no que escritoras galegas unidas e organizadas a través das redes sociais, colaboraron na súa gravación.

“Mulleres falando de mulleres, e ao
tempo, falando de todos, falando dos que aquí e agora sofren. Este
vídeo coral pretende seguir o exemplo de conciencia e rebeldía da
grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente”. 

Montaxe e Edición: Raquel Rei.

Participan: Mónica Caamaño, María do Cebreiro,
María Xosé Queizán, Teresa Seara, Helena Villar Janeiro, Xulia
Alonso, Eva Veiga, Yashmina Shawk, Begoña Paz, Mónica Bar, Rosa
Enríquez, Lucía Novas, Inma López Silva, Estíbaliz Espinosa, Laura
Bugalho, Rosalía Fernández Rial, Verónica Martínez, Rexina Vega ou
Comba Campoy.

jueves, 21 de febrero de 2013


DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
21 DE FEBREIRO

Hoxe, 21 de febreiro, é o Día Internacional da Lingua Materna (UNESCO 1999). 
É unh data que ten coma obxectivo promover a diversidade lingüística e cultual e o multilingüismo.

 "Nesta ocasión, lémbrase a importancia da cultura impresa, e do libro en particular, para manter a riqueza da diversidade lingüística dos pobos e para apoiar a educación nas súas diferentes linguas, evitando así a súa perda. "O libro, eixo da educación en lingua materna" é o lema elixido para esta conmemoración". 
Publicado por Bibliotecas Escolares de Galicia

Desde a biblioteca escolar do IES San Paio, de Tui (Pontevedra), achégannos unha serie de recursos e informacións relativas a este Día Internacional da Lingua Materna. 




domingo, 3 de febrero de 2013

XA CHEGOU O ENTROIDO AO PINTOR LAXEIRO

AQUÍ TEDES AS CONSIGNAS DO MECO

CELEBRACIÓN DO 
DÍA MUNDIAL POLA PAZ E A NON VIOLENCIA 
NO NOSO COLEXIO
Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox


O CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro conmemorou como en anos anteriores o Día da Paz. O Equipo de Biblioteca deseñou unha serie de actividades.

Confeccionou unha Unidade Didáctica sobre a educación en valores, onde reflectimos unha relación de lecturas recomendadas. Con eses e outros libros da biblioteca montamos a exposición que vedes na fotografía.



Cada curso e na Hora de Ler, escolleu un dos libros expostos para compartir unha lectura en común. 


Alex e Pedro, alumnos de 6º curso de primaria faláronnos de "Palabras de Caramelo" de Gonzalo Moure. Ademais construíron unha fermosa maqueta de Caramelo.


MURAL
Coa aportación de todos os cursos confeccionamos o mural da Paz



A PAZ PERFECTA
Este é o título dun antigo conto chinés.
 O escribimos nun papel contínuo e o expuxemos sen desvelar o final para que cada neno/a dera a súa opinión. As respostas as depositaron nunha caixiña colocada ao efecto. 





"UNHA MENSAXE DE PAZ"


Todo o centro e tamén por cursos elaboramos un "libro de paz". Cada aula elixiu unha mensaxe de paz e a reflectiu nunha pomba.
(O libriño completo poderedes velo cando o Equipo de Biblioteca o teña montado).



A PAZ E O CINE
Tamén como en cursos pasados programamos sesións de cine relacionados coa Paz:
"Historia de una gaviota". Para Ed. infantil y 1º Ciclo de Ed. Primaria













"El viaje de Saíd". Para el 2º Ciclo de Ed. Primaria. 
(Podedes vela na pestana de DVD deste blog)








"Criadas y Señoras". Para el 3º Ciclo de Ed. Primaria





Enlaces: http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=Sw8W7dVGP5k
               http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=gDyNPNBfNSQ