domingo, 22 de enero de 2017

RAQUEL QUEIZÁS NA NOSA BIBLIOTECA


O Mércores, día 18, tivemos unha xornada espectacular: visitounos (grazas á editorial SM) a actriz e contacontos Raquel Queizás coa súa maleta chea de historias. En primeiro lugar, "encantou" ao alumnado de educación infantil coa representación de dous contos da colección Cuentos para sentir de Begoña Ibarrola " La jirafa Timotea" e " ¡Yo soy el mayor!. 
Unha colección na que a autora fai un percorrido polas distintas emocións que o neno e a nena vai experimentando ao longo da súa vida: ledicia, celos, envexa, culpa, rechazo, tristura ...
Esta colección a tedes na biblioteca na sección de valores, polo que vos animamos a que os levedes a casa co servizo de préstamo. 



A xirafa Timotea tiña moi poucos amigos na sabana porque miraba a todos por enriba do lombo, burlábase deles e lles facía sentirse mal. Un día declarouse un grande incendio na xungla e Timotea quedou atrapada ...









Xenaro é un sapo que vive preto dunha charca. É o maior dos irmáns, así que os seus pais lle fan menos caso porque é grande e forte e pode valerse por si mesmo. Xenaro non está contento con esta situación, máis un día aparece o Mago Sapiondo disposto a facer realidade o seu maior desexo...













                                                 
                                                LENDAS DE CHINA E DE PERÚ
ALUMNADO DE 4º E DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Despois destas sesións co alumnado de educación infantil colleu a súa maleta para facer as delicias do alumnado de 4º e de 6º de primaria. Neste caso, dela sacou por obra de maxia dúas fantásticas lendas. Unha da tradición chinesa "O tigre" e a outra da tradición peruana " O pequeno gran coello".









O alumnado de 4º e de 6º están a elaborar pequenos traballos sobre esta visita tan fantástica, traballos que iremos publicando unha vez que os tiñades rematados. De momento, aquí tedes unha mostra deles:







AS PREGUNTAS DO MES DE XANEIRO

ACTIVIDADE MENSUAL "CONTAMOS TODOS"

Este mes de xaneiro as pescudas teñen que ver coa orixe da civilización occidental: Mesopotamia, Grecia e Roma. Como podedes ver centramos as cuestións especialmente no tema da arte.
Ánimo e a resolvelas!!!