domingo, 21 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO- 24 DE FEBREIRO


Con motivo do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro,  o Equipo de Biblioteca programa unha serie de actividades para difundir a vida e obra desta grande escritora.


A AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) vén loitando estes anos para que o 24 de febreiro sexa unha xornada especial e propón que todos e todas fagamos o agasallo dun libro en galego e unha flor. A Asociación impulsa diversas actividades; realiza unha proposta anual aos centros educativos a través das súas bibliotecas escolares,  ás que se pode acceder a través do enlace.








Por todo isto, dedicamos a actividade, "Contamos todos/as: A pregunta do mes", á figura da insigne autora. Fíxose unha cuestión por curso para que o alumnado poda participar investigando sobre a súa vida e obra.


Propoñemos tamén, facer un acróstico colectivo; cada curso inventará un verso. Repartiremos marcapáxinas que alumnos e alumnas poden decorar ao seu gusto con versos ou debuxos alusivos.
Destacamos un enlace sobre a vida de Rosalía emitido nun programa de RTVE, "La aventura del saber", en Televisión a la carta.

Recomendamos a lectura de  textos da autora adaptados a nenos e nenas, como é o caso do libro "Parece unha rosa" , magníficamente ilustrado por Isabel Pintado e editado por Espiral Maior e que se pode atopar na biblioteca.





miércoles, 17 de febrero de 2016

ACTUACIÓN DE PACO NOGUEIRAS

O martes, 16 de febreiro, actuou no colexio o polifacético actor e músico, Paco Nogueiras. Como vén facendo en cursos anteriores e por xentileza da editorial Kalandraka, a animación lectora foi dirixida a rapaces e rapazas de Ed Infantil.






Escenificou catro contos con música e xestos, con grande éxito de público. Nenos, nenas e profes disfrutaron moitísimo coa actuación.






Nogueiras sí que anima aos lectores de calquera idade. Moitas grazas!!!

sábado, 13 de febrero de 2016

VISITA DA AUTORA FRANCESCA LÓPEZ D´A SILVA

A escritora Francesca López d`a Silva fixo acto de presenza o pasado venres, día 13 de febreiro,  no colexio, inaugurando así a ronda de visitas de autores/as deste curso académico.
A súa obra, "El duende de las lenguas que se traban", foi elixido como itinerario lector en lingua castelá para nenos e nenas de segundo curso de Educación Primaria. Unha vez máis e coma sempre , a animación lectora  levouse a cabo na Biblioteca.




Tras a presentación, Francesca repasou, con axuda dos pequenos e pequenas, o argumento do libro.


Seguidamente, invitounos a ler varios fragmentos de viva voz. O alumnado esmerouse neste labor, daba gusto escoitar a lectura nas súas voces !!!



Agasallarona cun libriño ilustrado con debuxos sobre sensacións propias obtidas coa lectura da obra.
                                                                                       
                                                    














Finalmente asignoulles todos e cada un dos exemplares.











Rapaces e rapazas pousaron así de ledos coa mascota  e con fichas para colorear que lles facilitou a autora.

                                       





Ficha técnica

Editorial: ELVIRA EDITORIAL 
Año de edición: 2015
ISBN: 978-84-943145-2-0
Páginas: 32