viernes, 29 de septiembre de 2017

TODO A PUNTO PARA ABRIR O VINDEIRO LUNS, 2 DE OUTUBRO

O pasado xoves, dous axudantes de Gromiño, Martín e Jéssica, foron os encargados de repartir polas aulas as cartas de Gromiño, onde  se anuncia  a apertura da biblioteca ao público o luns, día 2; e a circulación das Mochilas Viaxeiras. Con elas,  os nenos e nenas do Laxeiro, poderán disfrutar de lecturas en castelán, galego e inglés; así como de xogos interactivos e DVDs de carácter educativo.


O alumnado recibiu a misiva con moito entusiasmo e está desexando facer "Unha viaxe por Vigo contigo"da man de Gromiño e os seus amigos. Este é o título do Proxecto de Centro. Estudaremos a fondo o pasado e presente da cidade a través de lugares emblemáticos e da súa xente.








Está todo listo. ESPERÁMOSVOS!!!















domingo, 24 de septiembre de 2017

BENVIDA AO CURSO ACADÉMICO 2017/2018

Antes de comezar a nosa aindaina para este curso 2017/2018, queremos dar as grazas  aos profesores e profesoras que se xubilaron este ano  pola contribución coa súa labor educativa,  ao uso e fomento da biblioteca do centro.
Á profesora Ángeles Guede, de Educación Infantil; ao profesor Tano,  de Pedagoxía Terapéutica; e aos mestres Eliseo e Loli Crespo, polo seu traballo na organización e mantemento da biblioteca. Grazas a todos por crer no Plambe e en especial a Loli Crespo por pór en marcha  o Plan no 2009 e colaborar activamente nel  ata a súa xubilación.
Desexamos que vos vaia moi ben nesta nova etapa.



E xa estamos a tope de traballo na Bibliolaxeiro. O vindeiro día dous de outubro, abriremos as portas polas tardes para préstamo e consulta. Ademais, as Mochilas Viaxeiras están a piques de emprender o seu periplo por todos os fogares das nenas e nenos do Laxeiro. Poderán vir a buscalas o xoves e venres desta semana en horario lectivo,  previa recepción nas clases dunha carta remitida por GROMIÑO, a nosa mascota, onde dá conta das sorpresas que nos esperan para este curso.

Nesta imaxe podemos ver como preparamos os sobres da carta de Gromiño con moito agarimo:






Mirade, xa están listas para enviar aos seus destinatarios!:







Gromiño está disposto a facer unha VIAXE CONTIGO POR VIGO, vinde con nós!!!!