jueves, 29 de octubre de 2020
jueves, 22 de octubre de 2020
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O 24 DE OUTUBRO, conmemoramos o Día das Bibliotecas escolares.
Nesta ocasión adaptamos a nosa celebración a situación excepcional que vivimos.
Por este motivo, alumnado de quinto e sexto de primaria prepararon a lectura de contos que fomenten a lectura para o resto dos seus compañeiros de cole.
Aquí deixamos os mesmos e unha presentación do Día de Gromiño:
Audiolibro Luna Llena
viernes, 16 de octubre de 2020
SAMAÍN
Entre o 31 de outubro e o 1 de novembro, celebramos o SAMAÍN, festividade de tradición Celta, que marca o remate de tempada de colleita e o comezo do inverno.
Como sempre, no noso colexio tratamos esta data coa importancia que merece, vestimentas, festa e merendola terrorífica para os máis pequenos do cole...
Este curso, pola situación de pandemia que estamos a vivir, vémonos na obriga de cambiar a perspectiva da nosa celebración cunha proposta que agardamos vos guste:
Para os máis pequenos do cole (E. Infantil , primeiro e segundo de Primaria):
-Contar historias ou contos relacionados co Samaín, de cabazas, medo...
Para 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria:
-Inventar historias de medo. Podedes contalas ou directmente ler o que escribistes con boa entoación .
As vosas familias deberán gravarvos para posteriormente mandar a vosa historia a:
abibliodopintorlaxeiro@gmail.com
O equipo da biblioteca encargarémonos de subir ao blog da biblio as vosas historias para poder compartilas cos vosos compañeir@s do cole.
AHH! e recordade que podedes disfrazarvos par darlle máis emoción a historia!!
domingo, 11 de octubre de 2020
DÍA DA HISPANIDADE OU DA DIVERSIDADE CULTURAL
O vindeiro luns celébrase o Día da Hispanidade ou da Diversidade Cultural, que conmemora, a chegada de Cristobal Colón a América.
Preme no enlace que abrirá un aula interactiva. Posteriormente, para visualizar a información relacionada con esta data fai clic nos post-it.
DÍA DA HISPANIDADE (preme no enlace)
domingo, 4 de octubre de 2020
BIBLIOTECA MAFALDA
Hoxe queremos compartir con vós a BIBLIOTECA DE MAFALDA
Nesta seman faleceu QUINO, o creador de Mafalda, que conquistou o mundo co seu peculiar senso do humor.
Compartirmos con vós algunhas frases simbólicas de Mafalda, que parece que nunca pasan de moda:
1. Papá, ¿podrías explicarme por qué funciona tan mal la humanidad?
2. "Como simepre: lo urgente no deja tiempo para lo importante"
3. " Al final, ¿Cómo es el asunto? ¿uno va llevando su vida adelante, o la vida se lo lleva por delante a uno?
A cotinuación deixamos un enlace onde podedes desfrutar dos seus libros en PDF.
Unicamente debedes premer nos libros do primeiro estante.
LIBROS DE MAFALDA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)